Francisco Castiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Manuel Castiñeira Romar, nado en Delémont, Suíza o 11 de maio de 1977, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes de Laxe. Pasou case toda a súa vida na Coruña, aínda que tamén residiu en Oviedo e en Santiago de Compostela. Ten estudos de Técnico Especialista en Laboratorio. Traballou en institutos de investigación, exercendo agora a súa actividade profesional nun laboratorio xenético en Regensburg, Baviera, Alemaña.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Seica chove, 2002, Baía Edicións.
  • Coitelas, 2004, edición dixital.
  • O cuspe dos poliquetos, 2004, edición dixital.
  • Podería falar de nubes, 2012, Redelibros.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Na vangarda, 2004, Xunta de Galicia.
  • Inventario de nubes e catro contos máis, 2006, Xunta de Galicia.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo XXX (2004) e XXXI (2005), 2007.
  • Premios Pedrón de Ouro. XXXVI (2010) e XXXVII (2011). Certame de Narración Breve Modesto R. Figueiredo, 2011, Toxosoutos.
  • I Certame de MicroQontos, 2012, publicado en internet

Premios[editar | editar a fonte]

  • II Certame Ágora Conto no 2001.
  • III Certame Suárez Ferrín no 2002.
  • Certame Radio France International-Cide Hamete Benengeli no 2003, por O cuspe dos Poliquetos.
  • Primeiro premio no II Certame Lucus Augusti no 2004, por Coitelas.
  • Segundo premio no Certame Na Vangarda de Novos Creadores da Xunta de Galicia tamén no 2004, por Batallas que non se libran.
  • Gañador do XXIII Premio Ourense de Contos para a Mocidade no 2006, por Inventario de nubes.
  • Gañador do Certame Literario de Narrativa Breve da Federación de Asociaciones Gallegas da Arxentina no 2011, por Sobre maletas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]