Francisco Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Francisco Blanco
FcoBlanco.jpg
Nacemento 1570
  O Tameirón
Falecemento 5 de febreiro de 1597
  Nagasaki
Nacionalidade España
Relixión Igrexa católica
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]
San Francisco Blanco, na Catedral de Ourense.

Francisco Blanco, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1570 e finado en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597, foi un relixioso católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio dos xesuítas en Monterrei e máis tarde iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Salamanca. Ingresou na orde franciscana en Villalpando, e estudou Filosofía no convento de Santo Antón de Salamanca. Doente, pasou un tempo no convento de San Francisco de Pontevedra e cara a 1592 marchou a Sevilla xunto con outros vinte e oito franciscanos galegos coa idea de embarcarse cara a América como misioneiro.

Foi ordenado sacerdote en México, e despois estivo en Manila (Filipinas). Finalmente, decidiu predicar o cristianismo no Xapón, país especialmente hostil cos misioneiros. Foi martirizado cruelmente naquel país: no monte Tetayama foi crucificado e atravesado de parte a parte por dúas lanzas. Con el foron executados dezaseis terciarios, seis franciscanos e dous xesuítas.

Veneración[editar | editar a fonte]

A Igrexa católica, concretamente o Papa Pío IX, canonizouno o 8 de xuño de 1862.

Na súa parroquia natal do Tameirón din conservar reliquias súas e del cóntanse historias populares.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]