Francisco Barreiro Permuy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Barreiro Permuy
Biografía
NacementoVilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Parada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Barreiro Permuy, coñecido como Paragüero, nado en Vilagarcía de Arousa e finado en Ordes o 23 de outubro de 1936, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do fotógrafo Antonio Barreiro Belmonte nado en Nogueira de Ramuín e de Josefa Permuy Agrez natural de Ferrol. Os seus pais instaláronse en Betanzos cara a 1920. Traballou como fotógrafo en Betanzos co seu pai e o seu irmán Ramón. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado con Germán López Pérez. Os seus cadáveres apareceron en Pinar da Torre (Parada, Ordes), no quilómetro 1,9 da estrada a Carballo. O cadáver de Francisco foi identificado en novembro de 1943.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]