Conversa:Francisco Barreiro Permuy

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Información adicional por parte dun familiar[editar a fonte]

Boas tardes, escribo neste espazo para colaborar coa información acerca De Francisco Barreiros Permuy.

Seu pai, Antonio Barreiros Belmonte, era meu bisavó e descobrimos o Barreiros por unha partida de nacemento encontrada na casa de meu avó Antonio Barreiros Permuy.

A “s” do sobrenome quitouse por temas políticos, xa que o paseo De Francisco provocou un conflicto na familia.

Meu bisavó era nado de Nogueira de Ramuin, parroquia de San Miguel do Castro.(Ourense).

Antonio o pai, partiu de Ourense coa sua roda de afiar, era afilador e paragueiro, de ahí o alcume do Paragüero, e casa en Barallobre (Fene) con Josefa Permuy. Mais tarde instalase en Betanzos, e cambia a roda de afiar por unha cámara fotográfica e seu fillo Francisco, seguía os seus pasos como fotógrafo, hasta que foi paseado con 19 años de Idade por un chivatazo dun veciño, acusado de pertencer á CNT.


148.3.156.97 2 de xaneiro de 2024 ás 18:43 (UTC)[responder]

Grazas ip, pola información. Porén, precisamos de fontes referenciadas para poder incluír esa información no artigo. Poida que outros usuarios atopen esas referencias. un saúdo. MAGHOI (conversa) 2 de xaneiro de 2024 ás 18:49 (UTC)[responder]