Saltar ao contido

Francisco Ballón Pequeño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Ballón Pequeño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Fisterra, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeSebastiana Vitales Gascón Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8238

Francisco Ballón Pequeño, nado en Fisterra en 1899 e finado na Coruña o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Retornado da emigración dos Estados Unidos de América, asentouse na Coruña. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi cadro da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da CNT e despois da Sección de Redeiros do Sindicato da Industria Pesqueira da CNT. En 1936 formaba parte do grupo anarquista Los Iconoclastas e exercía como secretario da Federación Local de Grupos Anarquistas da Coruña (FAI).

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Aparece como un dos asinantes dun panfleto falso difundida polas autoridades desconvocando a folga xeral.[1] Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Jaime Rodríguez García, Cipriano Alvite Alonso, Venancio Seoane García, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi compañeiro da militante anarquista Sebastiana Vitales.

  1. El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 5.
  2. El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]