Julio Sabio Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Sabio Sanmartín
Biografía
Nacementodécada de 1890 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (36/46 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julio Sabio Sanmartín, nado na Coruña cara a 1895 ou 1896[1] e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936[2], foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tesoureiro do Sindicato de Traballadores de Oficinas da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e José Quintas Pena.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con Teresa Fernández Rodríguez, tiña catro fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faleceu con 40 anos.
  2. Non obstante, o Diccionario Biográfico del Socialismo Español dá como data de defunción o 14 de agosto.
  3. El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 195. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]