Sebastiana Vitales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sebastiana Vitales
Nacemento21 de marzo de 1902
 Ascó
Falecemento19 de novembro de 2000
 Venezuela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactivista política
CónxuxeFrancisco Ballón Pequeño
editar datos en Wikidata ]

Sebastiana Vitales Gascón, nada en Ansó (Huesca) o 21 de marzo de 1902 e finada en Venezuela o 19 de novembro de 2000, foi unha militante libertaria española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En novembro de 1920 emigrou a Estados Unidos con 18 anos. Instalouse en San Francisco e alí coñeceu ao seu compañeiro Francisco Ballón Pequeño. Retornaron a Coruña durante a República. Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI, fundou Mujeres Libres na Coruña e colaborou en Solidaridad Obrera. Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 na xira propagandística galega de Federica Montseny. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida acusada de acoller na súa casa a Juan Díaz Lobelos e Justo Galán Barbero. Estivo unha tempada encarcerada na prisión provincial. Posteriormente estivo agochada, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de wolframio da Agualada en Coristanco. En 1954 emigrou a Venezuela coas súas dúas fillas.[1] En Venezuela mantivo contactos co profesor Ángel Rama, co círculo anarquista de Tomás Germinal Gracia Ibars (Víctor García) e co grupo editor da revista anarquista Ruta.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]