Francesco Cossiga
Francesco Cossiga | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Francesco Cossiga |
Nacemento | 26 de xullo de 1928 |
Lugar de nacemento | Sassari |
Falecemento | 17 de agosto de 2010 |
Lugar de falecemento | Roma |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Liceo classico Domenico Alberto Azuni, University of Sassari e Universidade Católica do Sagrado Corazón |
Ocupación | político, xurista e profesor universitario |
Cónxuxe | Giuseppa Sigurani |
Fillos | Giuseppe Cossiga e Anna Maria Cossiga |
Premios | Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of the Oak Crown, Grand Cross of the Order of the Bath, Grand Order of King Tomislav, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo, Grand Cross of the Order of Orange-Nassau, Gran Cruz da Orde de Dannebrog, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grand Collar of the Order of the Southern Cross, Commander with Star of the Order of Polonia Restituta, Lagun Onari, Order of Freedom of the Republic of Slovenia, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Bailiff Grand Cross of the Order of Saint John, Order of the Flag of the People's Republic of Hungary, Ordem do Serafim, Ordem do Mérito (Egito), Ordem do Libertador, Ordem de Mérito do Trabalho, Order of al-Hussein bin Ali, Order of Sikatuna, Order of the 7th November 1987, Order of Independence, honorary doctorate at the University of Iceland, honorary doctorate of the University of Navarre e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francesco Cossiga, nado en Sassari o 26 de xullo de 1928 e finado o 17 de agosto de 2010, foi un político sardo, que chegou a ser presidente da República italiana entre 1985 e 1992.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mocidade[editar | editar a fonte]
Francesco Cossiga naceu nunha familia burguesa de Sassari en 1928. Estudante precoz, licenciouse en Dereito con só dezanove anos. Aos dezasete afiliouse á sección sassaresa da Democracia Cristiá e na Federación Universitaria Católica Italiana (FUCI), onde ocupou cargos de relevancia. Nos anos cincuenta, ao tempo que conseguía a súa cátedra de dereito constitucional, iniciou a súa carreira política dando un golpe de leme no control da Democracia Cristiá de Sardeña, no que se coñeceu co nome de giovani turchi (mozos turcos). En 1958 é elixido deputado e en 1966 pasou a desempeñar o cargo de subsecretario de estado de Defensa no terceiro goberno do democristián Aldo Moro. Dende novembro de 1974 a febreiro de 1976 foi ministro de Administracións públicas no cuarto goberno de Moro e o 12 de febreiro dese ano accede ao cargo de ministro de Interior.
No goberno[editar | editar a fonte]
Entre as súas actuacións como ministro de Interior figurou o envío de tropas blindadas para calmar os disturbios entre estudantes e forzas da orde en Boloña (1977), reformou os servizos secretos e creou corpos especiais para a policía e para os carabinieri. En marzo de 1978 as Brigade Rosse secuestran o presidente do goberno Aldo Moro, e Cossiga dirixe o gabinete de crise inicial. Tamén continúa no posto de ministro do interior baixo o cuarto e o quinto goberno de Giulio Anddreotti. Porén, cando aparece o cadáver de Moro na rúa Michelangelo Caetani de Roma, Cossiga dimite de todos os seus cargos.
O 4 de agosto de 1979 é nomeado presidente do goberno, cargo no que permanece 14 meses, ata outubro de 1980, cando se ve obrigado a dimitir tras filtrarse que axudara ao fillo dun amigo, perseguido por terrorismo, a escapar da policía. Despois dun tempo afastado da política, en 1983 é elixido senador, e seguidamente presidente do Senado.
Presidente da República[editar | editar a fonte]
En 1985 convértese no oitavo presidente da República Italiana, ao suceder a Sandro Pertini. Por primeira vez na historia chegaba ao cargo un presidente elixido na primeira volta polo parlamento (752 votos de 977 posibles): Cossiga recibiu os apoios da lóxica Democracia Cristiá, pero tamén do PSI, PCI, PRI, PLI, PSDI e Sinistra indipendente.
Se ben o seu primeiro mandato (1985-1989) foi discreto como correspondía ás funcións garantistas do cargo de presidente da República, no segundo período, entre 1989 e 1992, tivo un maior grao de intervención na vida política. Durante este segundo período, Cossiga viuse implicado en varias polémicas. A máis importante foi o seu envolvemento na trama Gladio, a rama italiana da rede de espionaxe Stay Behind Net, promovida pola CIA nos países da OTAN durante a guerra fría. Gladio, que tivo ao seu mando a Cossiga cando foi subsecretario de Defensa, espiou entre outras cousas as accións do Partido Comunista Italiano.
Dimitiu a dous meses de que rematase o seu mandato, en abril de 1992, e foi substituído temporalmente polo daquela presidente do Senado, Giovanni Spadolini.
Senador vitalicio[editar | editar a fonte]
O feito de ser presidente da República garántelle o paso ao posto de senador con carácter vitalicio. Nese momento, e durante a fonda crise que afecta a Democracia Cristiá, Cossiga impulsa en 1998 a creación dunha nova formación, a UDR coa intención de constituír unha alternativa de centro que agrupase as dispersas forzas dos democristiáns. A UDR consegue as adhesións dos Cristiáns Demócratas Unidos de Rocco Buttiglione e de Clemente Mastella, e tamén dunha escisión do Centro Cristián Democrático.
Cando Rifondazione comunista fai caer o primeiro goberno de Romano Prodi, Cossiga e a súa formación foron determinantes para que se puidese formar o primeiro goberno D'Alema. En 2000 a UDR disólvese e pasa a integrarse na UDEUR de Clemente Mastella, e Cossiga pasa a ocupar unha posición marxinal na escena política italiana. En 2002 anunciou a súa dimisión como senador vitalicio, se ben non chegou a presentala, anuncio que repetiu en 2005 sen tampouco levalo a termo. Colaborador de xornais, a súa máxima intervención política foi o apoio ao segundo goberno Prodi en 2006 e ao goberno Berlusconi en 2008, así como a presentación en 2006 dunha iniciativa lexislativa para a reforma das institucións políticas sardas e o recoñecemento dunha nación sarda.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casado –obtivo a anulación polo Tribunal da Rota logo de 33 anos de matrimonio—, sufriu diversos períodos depresivos ao longo da súa carreira política[1]. O 9 de agosto de 2010 ingrésano cunha crise respiratoria, e morre o 17 de agosto ao sumárselle á insufficiencia respiratoria un episodio cardíaco[2]. Os funerais celebráronse en primeiro lugar na Basilica di San Carlo al Corso en Roma e despois na Igrexa de San Xosé, en Sassari, onde ademais foi soterrado, no camposanto monumental da cidade, non lonxe da campa doutro político democristián sardo, Antonio Segni.
Era radioafeccionado, e mantivo esta afección tamén cando vivía nas residencias oficiais do presidente do goberno e de presidente da República.
Obras[editar | editar a fonte]
- I diritti umani e la loro protezione. La convenzione europea, con Carlo Russo, Giuseppe Sperduti, Marc-Andre Eissen, Fausto Pocar, Roma, Società Italiana per la Organizzazione Internazionale, 1986.
- Note sulla libertà di espatrio e di emigrazione. Sassari, 1953-Napoli, 1990. Nápoles: Università degli studi di Napoli Federico II, 1990.
- Externator. Discorsi per una repubblica che non c'è. Milán: A. Mondadori, 1992.
- Parola di Cossiga. Così il presidente ha parlato. Milán: Polypress, 1992.
- Parole inutili (forse). Roma: Colombo, 1992.
- Il torto e il diritto. Quasi un'autobiografia personale. Milán: A. Mondadori, 1993.
- Pensieri in libertà. Ma secondo un criterio. Sei interviste. Roma: Colombo, 2000.
- La passione e la politica. Milán: Rizzoli, 2000.
- Francesco Cossiga (a cura di), Sir Thomas More, santo e martire. Patrono dei governanti e dei politici. Raccolta documentale, Roma: Colombo, 2001.
- Discorso sulla giustizia. Macerata: Liberilibri, 2003.
- La guerra versus l'Irak. Luci e ombre per un cattolico liberale. Lettera ad un giovane amico cattolico. Roma: Colombo, 2003.
- Pensieri di un cristiano democratico per gli amici de Il circolo, ovvero Il discorso che non ho potuto pronunziare. Roma: Colombo, 2003.
- Per carità di patria. Dodici anni di storia e politica italiana, 1992-2003. Milán: Mondadori, 2003.
- Italiani sono sempre gli altri. Controstoria d'Italia da Cavour a Berlusconi. Milán: Mondadori, 2007.
- L'uomo che non c'è, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2007.
- Mi chiamo Cassandra. Arguzie, giudizi e vaticini di un profeta incompreso. Soveria Mannelli: Rubbettino, 2008.
- Novissime picconate, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2009.
- La versione di K. Sessant'anni di controstoria, con Marco Demarco, Roma: Rai-ERI; Milán: Rizzoli, 2009.
Predecesor: Giulio Andreotti |
Presidente do goberno 1979 - 1980 |
Sucesor: Arnaldo Fornlani |
Predecesor: Vittorino Colombo |
presidente do Senado 12 de xullo de 1983 - 24 de xuño de 1985 |
Sucesor: Amintore Fanfani |
Predecesor: Sandro Pertini |
presidente da República 3 de xullo de 1985 - 25 de abril de 1992 |
Sucesor: Oscar Luigi Scalfaro |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Un personaggio pirandelliano, Eugenio Scalfaro, La Repubblica, 18/8/2010
- ↑ Addio al Picconatore, è morto Cossiga, corriere.it, 17/8/2010