Saltar ao contido

Francesc Sabaté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancesc Sabaté

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Sabaté Llopart Editar o valor en Wikidata
30 de marzo de 1915 Editar o valor en Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Sant Celoni, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesQuico Sabaté Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfontaneiro, sindicalista, anarcosindicalista, membro da resistencia, anarquista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosep Sabaté i Llopart Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1103389

Francesc Sabaté Llopart, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 30 de marzo de 1915 e finado en Sant Celoni o 5 de xaneiro de 1960, máis coñecido como Quico Sabaté ou El Quico, foi o máximo expoñente da guerrilla urbana en Cataluña xunto a Josep Lluís Facerías, implicado activamente na resistencia contra o franquismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manel Sabaté Escoda e Madrona Llopart Batlle, con 10 anos Sabaté xa manifestaba o seu espírito libre. Ó non asistir ás clases nunha escola clerical, os seus pais decidiron internalo. Ós 16 anos afiliouse ó Sindicat d’Oficis Varis da Confederación Nacional do Traballo, e fundou o grupo de acción anarquista "Els Novells" (Os Novatos) na Federación Anarquista Ibérica xunto ós seus irmáns e algúns amigos, como continuación do grupo Los Solidarios. O grupo implicouse en insurreccións en contra do goberno conservador da Segunda República Española en 1933. En 1935 Sabaté rexeitou cumprir o servizo militar, fiel á súa ideoloxía anarquista. Tamén nese ano "Els Novells" facían o seu primeiro roubo (expropiación) para financiar axudas a presos represaliados polo réxime e as súas familias. De oficio mecánico, traballou en varias fábricas da comarca barcelonesa do Baix Llobregat xunto ó seu irmán Josep.

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil española Sabaté loitou na fronte de Aragón coas milicias confederais, dentro da columna "Los Aguiluchos" da FAI. Trala recaída de Teruel a mans das tropas nacionais tivo un incidente cun comisario comunista que se negaba a facilitar armamento ás columnas anarquistas e foi acusado da morte deste comisario. Desertou fuxindo a Barcelona, onde seguiu combatendo coa CNT-FAI. Finalmente Sabaté foi arrestado polos comunistas, pero coa axuda dunha muller, el e algúns outros compañeiros escaparon de prisión. Terminou a guerra na 216ª División da "Columna Durruti".

Exilio forzado

[editar | editar a fonte]
Tumba de Quico Sabaté no camposanto de Sant Celoni

Perdida a guerra civil polo bando republicano, Sabaté pasou a Francia en 1939, onde foi confinado polas autoridades francesas durante algún tempo, no Campo de internamento de Vernet d'Ariège, e posteriormente liberado para traballar nunha fábrica de explosivos en Angulema. Xa libre, reúnese coa súa familia e o alcalde de Prades, de afiliación anarquista, quen lle dá papeis en regra e outorga un crédito co que puido instalarse durante unha época, coa súa familia, na localidade francesa de Coustouges, xunto á fronteira española, onde estudou posibles rutas clandestinas cara España a través dos montes e montañas. En xullo de 1944 realizou unha primeira viaxe a España para incorporarse ós grupos de acción en contra do réxime franquista, formando a partida de maquis de Quico Sabaté. Desde o seu refuxio en Francia compaxinaba traballos de fontaneiro, lalatoeiro e agricultor coa súa actividade antifranquista: roubos a empresarios adiñeirados e entidades bancarias para financiar actividades contra o réxime, actividades de traslado de propaganda antifranquista desde Francia, reorganización dos sindicatos da CNT no interior, sabotaxes e actividades de guerrilla urbana en Barcelona.

Descuberto o seu refuxio de Costoja, empezou a residir ambulantemente entre Barcelona e territorio francés. Aloxouse durante un tempo en París en casa de Lucio Urtubia.

Foi detido e encarcerado en Francia por tenencia de armamento e explosivos, e confinado durante varios anos na poboación de Dijon. Conseguiu eludir o seu confinamento e captura durante os seguintes anos e foi descrito como "O Inimigo Público número un do réxime" nos medios de comunicación españois.

O seu grupo editaba unha publicación chamada "El Combate" portavoz dos grupos anarcosindicalistas que se repartía clandestinamente en Cataluña en círculos obreiros.

Na súa última etapa de actividade guerrilleira mantivo fortes discrepancias cos cargos da CNT do exilio (radicado en Tolosa), ó negarse a fuxir a América ou colaborar con grupos armados comunistas da antiga Iugoslavia ou Alxeria, sostendo que os comunistas podían atacar as esencias ácratas. Igualmente, sempre contou con apoios e complicidades dos seus militantes a nivel individual.

O grupo de Quico Sabaté colaborou en accións conxuntas con outros grupos guerrilleiros libertarios, maquis como Marcel·lí Massana ou Josep Lluís Facerias, e noutras capitais, ademais de Barcelona, como Zaragoza ou Madrid.

A última viaxe. Espectacular fuxida

[editar | editar a fonte]

En 1959, no seu exilio en Francia, recibiu a carta dun compañeiro arrestado en Barcelona e condenado a 30 anos de prisión en España. Como home leal ás súas amizades e de acción, decidiu realizar unha incursión en territorio español xunto ós homes da súa partida de maquis.

Do 17 de decembro de 1959 ó 3 de xaneiro de 1960, Quico e os seus homes conseguiron evadir as patrullas, primeiro da policía francesa e posteriormente da Garda Civil apostadas polos Pireneos, pero finalmente, o día 4, encontrándose refuxiados nunha masía, o "Mas Clarà", situada nas montañas entre Xirona e Banyoles, foron acurralados pola Garda Civil. Tras un intenso tiroteo, morreron tódolos homes da partida de Quico agás el, que conseguiu fuxir, aínda que gravemente malferido nunha nádega, unha coxa e no pescozo. Nese estado, cruzou o río Ter e chegou a Fornells de la Selva onde subiu a un tren coa intención de chegar a Barcelona. Descuberto polo maquinista, saltou a outro ferrocarril, pero a Garda Civil xa estaba sobre a pista polo aviso dos ferroviarios.

Placa comemorativa

Nas proximidades de Sant Celoni saltou do tren en marcha e, xa na vila, cando buscaba un médico para que o atendese, tras un tiroteo co somatén Abel Rocha, caeu morto. Eran as 8 da mañá do 5 de xaneiro de 1960 e Quico tiña 44 anos. El Quico está enterrado no camposanto de Sant Celoni onde cada ano, o 5 de xaneiro (día da súa morte) se realiza un acto-homenaxe na súa memoria.

Mural representando a Quico Sabaté na parede do camposanto de Sant Celoni, 2005 (actualmente borrado)
[editar | editar a fonte]

Dúas películas tratan sobre a vida de Quico Sabaté:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]