Francesc Alomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancesc Alomar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Sineu, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Gustei, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCaída de altura Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJaume Alomar Florit (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Francisco Alomar Florit, nado en Sineu (Mallorca) o 23 de decembro de 1928 e finado en Gustei (Coles) o 9 de agosto de 1955, foi un ciclista profesional español, alcumado o camiñante solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa no lugar do seu falecemento.
Monólito e placa no lugar do seu falecemento.

Comezou a andar en bici de forma habitual mentres facía o servizo militar, para desprazarse ao cuartel[1]. Logo de varias vitorias en carreiras nas Illas Baleares, en 1952 fíxose profesional.

Faleceu na estrada N-525 (actual OU-150) cando regresaba de participar na Volta ciclista a Galicia[2]. O seu equipo, o Peñas Solera Cacaolat, decidiu abandonar a proba logo de que Federico Martín Bahamontes acusase a organización de favorecer os ciclistas Emilio e Manuel Rodríguez Barros[1].

Era irmán máis vello do tamén ciclista profesional Jaume Alomar. Desde 1955 na súa vila natal celébrase durante as festas de verán o Memorial Alomar. Ademais instalouse unha escultura súa na praza do Fossar.

Palmarés[editar | editar a fonte]

1952

1953

1954 (equipo Cóndor)

1955 (equipo Peñas Solera Cacaolat)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Francisco Alomar. El caminante solitario". UEP! Cosetes de la nostra terra i altres (en castelán). 10 de xuño de 2017. 
  2. García Albares, F.; Pérez de Rozas, Emilio (13 de maio de 1984). "La muerte del ciclista". El País (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]