France Prešeren
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sl) Franc Ksaver Prešeren 3 de decembro de 1800 Vrba |
| Morte | 8 de febreiro de 1849 Kranj |
| Causa da morte | cirrose hepática |
| Educación | Universidade de Viena |
| Q89547790 | Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, avogado, poeta avogado |
| Movemento | Romanticismo |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Parella | Ana Jelovšek |
| Fillos | Ernestina Jelovšek |
| Parentes | Anton Vovk, sobriño neto |
| Cronoloxía | |
| 6 de abril de 1833 | meeting (en) |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:20 : Плата — Проб, sec:Прешерн Франце, p.545) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |

France Prešeren, nado en Vrba o 3 de decembro de 1800 e finado en Kranj o 8 de febreiro de 1849, foi un poeta romántico esloveno que é aclamado como o poeta nacional. O seu nome atópase ás veces xermanizado como Franz Prescheren.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa obra máis famosa, Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) inspirouna o seu amor infeliz por Julija Primic (xermanizado como "Julia Primitz") e a morte do seu amigo íntimo, o poeta Matija Čop (Matthias Tschop). Moitos dos versos desta obra están cheos de paixóns agre-doces. Sonetni Venec está escrito nun formato interesante: o último verso dun soneto convértese na primeira liña do seguinte, o que converte os catorce sonetos da colección nunha "guirnalda" entreverada de liricismo emocional: un soneto non pode existir sen o outro. Os primeiros versos dos catorce sonetos forman outro soneto e as primeiras letras destas liñas forman as palabras "Primicovi Julji", "a Julija Primic". O poema de Prešeren "Zdravljica" ("Un brinde") é, desde 1991, o himno nacional esloveno.
O 8 de febreiro, data da súa morte, conmemórase como Festividade da Cultura Eslovena. A súa imaxe aparecía nos billetes de 1000 tolar eslovenos.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: France Prešeren |
| A Galipedia ten un portal sobre: Eslovenia |
