Franc Rodé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFranc Rodé

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Jarše (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cardeal
24 de marzo de 2006 –
Prefeito da Congregação para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica (pt) Traducir
11 de febreiro de 2004 – 4 de xaneiro de 2011
← Eduardo Martínez Somalo (pt) TraducirJoão Braz de Aviz (pt) Traducir →
Arcebispo católico
6 de abril de 1997 – 11 de febreiro de 2004
← Alojzij ŠuštarAlojz Uran (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovenia (1991–)
República Federal Socialista de Iugoslavia (–1991)
Reino de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana
Instituto Católico de Paris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoChurch‘s ministry (en) Traducir e teologia católica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1997–), sacerdote católico (1960–), diácono (1959–), monxe , Teólogo católico , profesor universitario , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua eslovena, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación da Misión Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAlojzij Šuštar Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de marzo de 2013conclave de 2013 Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(sl) Stati inu obstati Editar o valor em Wikidata

Franc Rodé, C.M., nado en Liubliana (Reino de Iugoslavia) o 23 de setembro de 1934, é un eclesiástico católico latino esloveno, cardeal e relixioso lazarista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Franc Rodé naceu o 23 de setembro de 1934 en Liubliana (entón parte do Reino de Iugoslavia, hoxe en Eslovenia).[1]

O 4 de outubro de 1959 foi ordenado diácono da súa congregación polo bispo de Ningbo André-Jean-François Defebvre.[1] O 29 de xuño de 1960 foi ordenado sacerdote polo mesmo prelado.[1] En 1965 doutorouse polo Instituto Católico de París coa tese Le miracle dans la controverse moderniste.[2]

En 1987 foi nomeado secretario da Secretaría para os Non Crentes.[1]

En 1993 foi nomeado secretario do Pontificio Consello para a Cultura.[1]

O 5 de marzo de 1997 foi nomeado arcebispo de Liubliana. Recibiu a ordenación episcopal o 6 de abril do mesmo ano, de mans do arcebispo emérito de Liubliana Alojzij Šuštar, e tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Belgrado-Smederevo Franc Perko e ao arcebispo de Toronto Aloysius Matthew Ambrožič.[1]

O 11 de febreiro de 2004 foi nomeado prefecto da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.[1] Logo da elección de Bieito XVI foi confirmado no seu cargo.[1]

O 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-diácono de San Francesco Saverio alla Garbatella.[1]

Retirouse o 4 de xaneiro de 2011.[1] O 20 de xuño de 2016 foi elevado ao rango de cardeal-presbítero.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Le miracle dans la controverse moderniste [O milagre na polémica modernista]. París: Éditions Beauchesne. 1965. 
  • Osnovno bogoslovje [Teoloxía básica]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1979. 
  • Obredi uvajanja [Ritos introdutorios]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1980. 
  • Zgodovina in teologija nekrščanskih verstev [Historia e teoloxía das relixións non cristiás]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1980. 
  • Église, nations et démocratie: de la Slovénie au Vatican [Igrexa, nacións e democracia: de Eslovenia ao Vaticano]. París: Éditions Beauchesne. 1993. 

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Cheney, David M. (13 de abril de 2020). "Franc Cardinal Rodé, C.M.". The Hierarchy of the Catholic Church (catholic-hierarchy.org) (en inglés). Consultado o 18/11/2020. 
  2. Poulat, Emile (1966). "Rodé (François). Le Miracle dans la controverse moderniste". Archives de sociologie des religions (22): 220. RODÉ (François). Le Miracle dans la controverse moderniste. Paris, Beauchesne, 1965, 287 p. (Théologie historique, nº 3). Cette thèse de théologie de Institut catholique de Paris méritait certes impression [...]