Franc Rodé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franc Rodé
Cardinal Franc Rode.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1934 en Liubliana, Reino de Iugoslavia
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1960, por André-Jean-François Defebvre
Consagración episcopal6 de abril de 1997, por Alojzij Šuštar
Creado cardeal24 de marzo de 2006, por Bieito XVI
Prefecto da Congregación para a Vida Consagrada
2004 - 2011
PredecesorEduardo Martínez Somalo
SucesorJoão Braz de Aviz
Outros
Coat of arms of Franc Rode.svg
Escudo de Franc Rodé
Ficha en catholic-hierarchy.org

Franc Rodé, C.M., nado en Liubliana (Reino de Iugoslavia) o 23 de setembro de 1934, é un eclesiástico católico latino esloveno, cardeal e relixioso lazarista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Franc Rodé naceu o 23 de setembro de 1934 en Liubliana (entón parte do Reino de Iugoslavia, hoxe en Eslovenia).[1]

O 4 de outubro de 1959 foi ordenado diácono da súa congregación polo bispo de Ningbo André-Jean-François Defebvre.[1] O 29 de xuño de 1960 foi ordenado sacerdote polo mesmo prelado.[1] En 1965 doutorouse polo Instituto Católico de París coa tese Le miracle dans la controverse moderniste.[2]

En 1987 foi nomeado secretario da Secretaría para os Non Crentes.[1]

En 1993 foi nomeado secretario do Pontificio Consello para a Cultura.[1]

O 5 de marzo de 1997 foi nomeado arcebispo de Liubliana. Recibiu a ordenación episcopal o 6 de abril do mesmo ano, de mans do arcebispo emérito de Liubliana Alojzij Šuštar, e tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Belgrado-Smederevo Franc Perko e ao arcebispo de Toronto Aloysius Matthew Ambrožič.[1]

O 11 de febreiro de 2004 foi nomeado prefecto da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.[1] Logo da elección de Bieito XVI foi confirmado no seu cargo.[1]

O 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-diácono de San Francesco Saverio alla Garbatella.[1]

Retirouse o 4 de xaneiro de 2011.[1] O 20 de xuño de 2016 foi elevado ao rango de cardeal-presbítero.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Le miracle dans la controverse moderniste [O milagre na polémica modernista]. París: Éditions Beauchesne. 1965. 
  • Osnovno bogoslovje [Teoloxía básica]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1979. 
  • Obredi uvajanja [Ritos introdutorios]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1980. 
  • Zgodovina in teologija nekrščanskih verstev [Historia e teoloxía das relixións non cristiás]. Liubliana: Cirilsko društvo slovenskih bogoslovcev. 1980. 
  • Église, nations et démocratie: de la Slovénie au Vatican [Igrexa, nacións e democracia: de Eslovenia ao Vaticano]. París: Éditions Beauchesne. 1993. 

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Cheney, David M. (13 de abril de 2020). "Franc Cardinal Rodé, C.M.". The Hierarchy of the Catholic Church (catholic-hierarchy.org) (en inglés). Consultado o 18/11/2020. 
  2. Poulat, Emile (1966). "Rodé (François). Le Miracle dans la controverse moderniste". Archives de sociologie des religions (22): 220. RODÉ (François). Le Miracle dans la controverse moderniste. Paris, Beauchesne, 1965, 287 p. (Théologie historique, nº 3). Cette thèse de théologie de Institut catholique de Paris méritait certes impression [...]