Foster the People é unha banda de música indie pop formada nos Ánxeles (California) en 2009. O grupo está formado por Mark Foster (voz, teclado, piano, sintetizadores, guitarra, e percusión) e Mark Pontius (percusión e coros).[1] A súa música, descrita como dance melódico infundido de pop e rock, mestura varios xéneros.
Foster fundou o grupo no ano 2009 despois de estar varios anos nos Ánxeles loitando por ser músico e traballando como escritor cancións de anuncios. Despois de que a cancións de Foster "Pumped Up Kicks" se convertese nun éxito viral no ano 2010, o grupo recibiu unha oferta de Startime International e conseguiu unha boa base de fans en pequenos concertos e aparicións en festivais. Despois de lanzar o seu primeiro álbum Torches en maio de 2011, "Pumped Up Kicks" converteuse nun éxito comercial e acadou o número 3 nos Billboard Hot 100.[2] A gravación tamén conta cos populares sinxelos "Helena Beat" e "Don't Stop (Color on the Walls)". O grupo recibiu dous nomeamentos ós Premios Grammy por Torches e "Pumped Up Kicks".
Despois de facer xiras durante dous anos co seu traballo Torches, Foster the People estreou o seu segundo álbum Supermodel, en marzo de 2014. Foi precedido polo sinxelo "Coming of Age".