Saltar ao contido

Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU
AcrónimoUNPFII
Tipoorganización
Data de fundación28 de xullo de 2000
Organización matrizConsello Económico e Social das Nacións Unidas
SedeXenebra
Na rede
http://www.un.org/esa/socdev/unpfii/es/index.html e https://www.un.org/development/desa/indigenouspeoples/unpfii-sessions-2.html
editar datos en Wikidata ]

O Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU é un organismo asesor da Organización das Nacións Unidas (ONU) obre cuestións relativas aos pobos indíxenas e os seus dereitos. No mundo hai máis de 370 millóns de persoas indíxenas (tamén coñecidas como nativas, orixinais, aborixes e primeiros pobos) nuns 70 países.

O foro foi creado en 2000 como resultado do Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo da ONU en 1993, dentro da primeira Década Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo (1995–2004). É un órgano consultivo no marco do Sistema das Nacións Unidas que informa ao Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC).

Maria Eugenia Choque Quispe, un membro do Foro Permanente das Nacións Unidas sobre Asuntos Indíxenas, fala na sesión do organismo en 2015.
Brenda White Bull, descendente de Touro Sentado, fala na ONU sobre a loita contra o Dakota Access e a violencia do estado, o 25 de abril de 2017.

O 18 de decembro de 1990 aprobouse a Resolución 45/164 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pola que se proclamaba que 1993 sería o Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo, “coa finalidade de fortalecer a cooperación internacional para a solución dos problemas aos que se enfrontan as comunidades indíxenas nas zonas, como os dereitos humanos, o medio ambiente, o desenvolvemento, a educación e a saúde".[1][2] A celebración do ano comezou en Australia polo discurso de Redfern do primeiro ministro Paul Keating o 10 de decembro de 1992, no que abordaba as desvantaxes ás que se enfrontan os indíxenas australianos (aborixes e insulares do estreito de Torres).[3]

A creación do foro permanente foi discutida na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos de 1993 en Viena, Austria. A Declaración e Programa de Acción de Viena recomendaban que ese foro se establecese dentro do primeiro Decenio Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo das Nacións Unidas.[4]

Constituíuse un grupo de traballo e tiveron lugar outras reunións que levaron á creación do foro permanente por parte do Consello Económico e Social, Resolución 2000/22 do 28 de xullo de 2000.[5]

  1. UN General Assembly. "International Year for the World's Indigenous People, 1993 : resolution / adopted by the General Assembly 14 December 1992, A/RES/47/75". Refworld. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  2. "The International Year for the World's Indigenous People". Center for International Earth Science Information Network. 25 de novembro de 1992. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  3. Gilchrist, Catie (24 de xullo de 2020). "Redfern Park". The Dictionary of Sydney. Dictionary of Sydney Trust. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  4. "Vienna Declaration and Programme of Action". 12 de xullo de 1993. 
  5. "Establishment of a Permanent Forum on Indigenous Issues". 28 de xullo de 2000. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]