Filodemo de Gádara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 110 a. C. Gadara, Xordania (pt) |
Morte | 35 a. C. (74/75 anos) Herculano, Roma Antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, epigramatista, escritor, poeta |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Epicureísmo |
Profesores | Zenão de Sídon (pt) |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Filodemo (en latín: Philodemus, en grego antigo: Φιλόδημος ὁ Γαδαρεύς) foi un filósofo epicúreo e poeta epigramático grego natural de Gádara, en Palestina, que viviu no século -I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que a famosa vila dos Papiros de Herculano era propiedade del, xa que parece que moitos dos papiros localizados contiñan as súas obras.
Foi contemporáneo de Cicerón, que o atacou con dureza, aínda que sen mencionalo, en In Pisonem, criticando sobre todo o seu carácter, pero louvando a súa habilidade e elegancia poéticas e o seu coñecemento da filosofía. Polo que di Cicerón, pódese concluír que foi un dos filósofos epicúreos máis distinguidos da súa época. Tamén aparece mencionado por Dióxenes Laercio, Estrabón e Horacio.
Os seus epigramas foron incluídos na Antoloxía de Filipe de Tesalónica, e parece que foi o primeiro poeta incluído nesta colección. A Antoloxía grega inclúe 34 dos seus epigramas, xeralmente sobre amor e erotismo, notoriamente elegantes. En prosa, Dióxenes Laercio menciona o libro τῆς τω̂ν φιλοσόφων συντάξεως tēs tōn filosófōn syntákseōs. Outra obra súa era περὶ μουσικῆς perì musikēs (Sobre a música).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Volume III. Boston: Little, Brown & Comp. p. 304.