Fetty Wap
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Willie Junior Maxwell II 7 de xuño de 1991 Paterson |
| Outros nomes | Harlem Fetty FettyWap1738 |
| Educación | Eastside High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | rapeiro, cantante, cantautor |
| Período de actividade | 2013 |
| Xénero artístico | Música hip hop, música trap e pop rap |
| Tesitura | Barítono |
| Selo discográfico | 300 Entertainment (pt) Atlantic Records |
| Sitio web | fettywap.com |
Willie Maxwell II, máis coñecido como Fetty Wap, nado en Paterson, Nova Jersey o 7 de xuño de 1991, é un rapeiro estadounidense que debutou con "Trap Queen", que se converteu nun éxito nos Estados Unidos. Posteriormente, publicou "679" e "My Way" que tamén se situaron nas dez primeiras posicións dunha lista popular estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]En 2013, Wap comezou a facer música como un rapeiro solista e despois interesouse en cantar porque "quería facer algo diferente". A finais de 2013, inspirado nunha muller escribiu unha canción chamada "Trap Queen", que gravou en marzo de 2014 co produtor Tony Fadd, de RGF Productions.
A comezos de novembro de 2014, firmou un acordo de gravación con 300 Entertainment e RGF Productions. O 15 de decembro lanzou en iTunes unha nova versión de "Trap Queen". Wap integrou un grupo de rap chamado Remy Boyz 1738, no que tamén participaron P-Dice e Montana Monty Buckz, o artista foi alcumado "Fetty", un argot para referirse aos cartos, xa que o seu propósito como rapeiro era facer cartos; posteriormente engadiu "Wap" ao final do pseudónimo para homenaxear a Gucci Mane, quen tamén é coñecido como Guwop.
Discografía
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fetty Wap |