Ferzan Özpetek
Ferzan Özpetek | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de febreiro de 1959 |
Lugar de nacemento | Istambul |
Nacionalidade | Italia e Turquía |
Alma máter | Accademia Nazionale d'Arte Drammatica Silvio D'Amico e Universidade de Roma La Sapienza |
Ocupación | director de cinema, guionista, xornalista e director de ópera |
Irmáns | Zeynep Aksu |
Coñecido por | The Ignorant Fairies, La finestra di fronte, Hamam, Harem Suare, Napoli velata, Mine vaganti e Saturno contro |
Premios | Globo d'oro for best direction, David di Donatello, sen etiquetar, Nastro d'Argento for Best Screenplay e Globo de ouro |
Na rede | |
http://www.ferzanozpetek.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Ferzan Özpetek, nado en Istambul o 3 de febreiro de 1959, é un director cinematográfico turco que vive e traballa en Italia dende finais dos anos setenta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Özpetek chegou a Italia como estudante universitario e estudou historia do Cinema na Universidade La Sapienza de Roma. Completou a súa formación frecuentando cursos de historia da Arte e da Moda na Accademia Navona e cursos de dirección na Accademia de Arte Dramática Silvio D'Amico. Conseguiu achegarse ao mundo do cinema e iniciou colaboracións como asistente e auxiliar de dirección de Massimo Troisi, Maurizio Ponzi, Ricky Tognazzi e Francesco Nuti.
O seu debut cinematográfico como director produciuse en 1997 co filme Il bagno turco (Hamam), que conseguiu un grande éxito de crítica e público. En 1999 realizou Harem Suare que, como no seu primeiro filme, fala do seu país natal. Nos seguintes anos gravou Le fate ignoranti e La finestra di fronte, os seus maiores éxitos, que lle proporcionaron moitos premios e recoñecementos.
Coa colaboración de Gianni Romoli e Tilde Corsi, realizou en 2005 Cuore Sacro. En 2007 publicou Saturno Contro, un filme caracterizado por ter un casting moi rico que inclúe actores do talle de Pierfrancesco Favino e Ambra Angiolini, ademais de Margherita Buy e Stefano Accorsi, cos que xa traballara en Le fate ignoranti.
Özpetek formou parte do xurando no Festival de Venecia do 2007 e recentemente rodou un anuncio para a AIRC, Associazione Italiana Ricerca sul Cancro, protagonizado por Isabella Ferrari. En 2008 fixo a adaptación cinematográfica da novela de Melania Gaia Mazzuco Un giorno perfetto.
Özpetek é un director abertamente gay e trata habitualmente a homosexualidade nos seus filmes. Este tema ten especial relevancia en Il bagno turco e Le fate ignoranti.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Asistente de director[editar | editar a fonte]
- Il tenente dei carabinieri (1986)
- Il maestro del terrore (1988, TV)
- La Scorta (1993)
- Anche i commercialisti hanno un'anima (1994)
- Il Branco (1994)
Director[editar | editar a fonte]
- Il Bagno Turco (Hamam, 1997)
- Harem Suare (1999)
- Le Fate Ignoranti (2001)
- La Finestra di Fronte (2003)
- Cuore Sacro (2005)
- Saturno contro (2007)
- Un giorno perfetto (2008)
- Mine vaganti (2010)
Premios[editar | editar a fonte]
Estes son algúns dos premio obtidos por Ferzan Özpetek polos seus traballos:
- Finestra di Fronte[1]:
- Premio David di Donatello
- Mellor filme
- Scholars Jury Award
- Mellor Dirección
- Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano
- Mellor historia orixinal (xunto con Gianni Romoli)
- Karlovy Vary International Film Festival
- Mellor Dirección
- Crystal Globe para Ferzan Özpetek
- Bangkok International Film Festival
- Mellor filme
- Foyle Film Festival
- Mellor filme
- Rehoboth Beach Independent Film Festival, Audience Award
- Mellor filme
- Seattle International Film Festival
- Mellor filme
- Premio David di Donatello
- Il Bagno Turco (Hamam)[2]
- Golden Orange (Antalya International Film Festival)
- Mellor filme
- Mellor dirección
- Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano, Premio Silver Ribon
- Mellor Produtor
- Golden Orange (Antalya International Film Festival)
- Le Fate Ignoranti [3]
- Austin Gay & Lesbian International Film Festival
- Mellor Filme
- New York Lesbian and Gay Film Festival
- Mellor Filme
- Austin Gay & Lesbian International Film Festival