Mine vaganti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mine vaganti
Ficha técnica
Título orixinal Mine vaganti
Director Ferzan Özpetek
Produtor Domenico Procacci
Guión Ivan Cotroneo
Ferzan Özpetek
Música Pasquale Catalano
Ano 2010
Duración 110 min.
País Italia

Mine vaganti é unha película italiana de 2010 dirixida por Ferzan Özpetek.

Argumento[editar | editar a fonte]

Tommaso, o menor de tres irmáns, volve de Roma, onde supostamente estudaba economía, á casa familiar, que é dona dunha fábrica de pasta. Pensa en sincerarse coa súa familia durante unha cea, dicindo que desexa ser escritor e que é homosexual. Confésalle a seu irmán maior, Antonio, a súa intención de soltalo todo e que seu pai o desherde e así poder dedicarse ao que quere e esquecerse da fábrica familiar. Pero para sorpresa de Tommaso, e de todos, Antonio adiántase confesándose homosexual, polo que o pai bótao da casa. O incidente provócalle un infarto ao pai, Vincenso, polo que Tommaso non se atreve a repetir a escena e ten que facerse cargo do negocio familiar.

Todos na pequena cidade ignoran a súa condición, agás a avoa e Alba, a filla dos socios comerciais da familia. O rumor do motivo da marcha de Antonio propágase e iso avergoña a Vincenso. Mentres, Alba e Tommaso fanse bos amigos, e a pesar de saber que el é gai, ela non pode evitar empezar a namorse del. Pola súa parte, Tommaso, séntese presionado polo seu noivo, Marco, para regresar a Roma, e aconsellado pola avoa, finalmente, decídese a dicir que non desexa traballar na fábrica e que quere ser escritor. No enterro da avoa, tralo seu suicidio, Antonio e seu pai, reconcílianse, o que, xunto á maior implicación da irmá na dirección da fábrica, permite a marcha de Tommaso.

Elenco[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]