Salón do Automóbil de París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salon de L'Automobile de Paris 1946

O Salón do Automóbil de París (francés Mondial de l'Automobile) é un salón do automóbil bianual en París. Celébrase en torno a outubro, é un dos salóns do automóbil máis importantes, a miúdo con moitos debuts de novos prototipos e automóbiles de produción. Foi o primeiro salón do automóbil no mundo, iniciouse en 1898 polo pioneiro da industria, Albert de Dion. O salón lévase a cabo actualmente no París Expo en Porte de Versailles. O Mondial está organizado pola Organización Internacional de Construtores de Automóbiles, que o considera o salón do automóbil internacional máis importante.

Ata 1986 chamábase Salon de l'Automobile, trocou o nome a Mondial de l'Automobile en 1988. O salón celebrábase a cabo anualmente ata 1976, cando pasou a ser unha bienal. Desde 1910 celebrouse no Grand Palais. En xaneiro de 1977 anunciouse que o Salón de París non se levaría a cabo ese ano debido á "actual situación económica". Ao mesmo tempo, os organizadores confirmaron que se planificaba o Salón do Automóbil de París 1978.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MotorWeek: News flashes". Motor: page 3. 22 de xaneiro de 1977. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]