Fernando Ramallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Sociolingüística ![]() |
Ocupación | profesor universitario, filólogo ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() |
Fernando Ramallo Fernández, nado en Vigo o 17 de agosto de 1965, é un profesor universitario e investigador galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo, Departamento de Tradución e Lingüística.[2] Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022). Dedica a súa investigación á comprender as relacións lingua-política-sociedade, tomando como eixo os procesos de (des)minoración lingüística e as súas consecuencias.[1] Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese[3] Actos de fala, comunicación e mediación. Análise pragmática e sociolingüística dos procesos electorais na prensa galega (1977-1996) (2004, Universidade de Vigo).
Académico correspondente da Real Academia Galega (2012).
Ten colaborado en Grial, A Trabe de Ouro e revistas internacionais de lingüística.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- O cumprimento da carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias (2022). Universidade de Valencia. ISBN 978-84-0937-519-6.
- Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua (2023). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-377-0. ePub: ISBN 978-84-1110-399-2.[5] [6]
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia: compendio do I volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1994) (1995).A Coruña: RAG.
- Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1995). A Coruña: RAG.
- Actitudes lingüísticas en Galicia: compendio do III volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1996). A Coruña: RAG.
- Publicidade e lingua galega: os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais (1995). Santiago de Compostela.
- Vender en galego: comunicación, empresa e lingua en Galicia (1997). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
- Manual de Ciencias da Linguaxe (2000). Vigo: Xerais
- Bilingual socialization and bilingual language acquisition: proceedings from the Second International Symposium on Bilingualism (2002). University of Vigo.
- Discourse and enterprise : communication, business, management and other professional fields (2006). Lincom Europa.
- Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos (2007). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- A planificación lingüística nos centros educativos (2008). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia (2008). Consello da Cultura Galega.
- Las lenguas de España a debate (2013). Valencia: Uno y Cero ediciones.
- Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias: actividades para a aula (2019). Xunta de Galicia.
- Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español (2019). Iberoamericana Vervuert.
- Wugondisi ngu tidimi timbidi ditikoni da Mosambiki: ndzila ya magondiselo (2020). Universidade de Vigo.
- En galego 24/7: guía práctica (2020). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística.
- A educação bilingue en Moçambique. Guia prática (2020). Universidade de Vigo
- Vudondrisi hi tindrimi tibidri tikweni dra Musambiki: xivaningelo xa vudondrisi (2020). Universidade de Vigo.
- Setenta ideas para a (pos)pandemia (2020). Vigo: Catroventos.
- A lingua en 2050 (2021). Vigo: Catroventos.
- A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (2023). Vigo: Catroventos.
- A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica: Propostas para a docencia (2023). Deputación Provincial de Pontevedra: Universidade de Vigo.
- Guida per l’educazione al plurilinguismo con lingue local. Proposte per il cimbro, il ladino e il mòcheno (2023).Trento: Erickson.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-08-31.
- ↑ "Ramallo Fernández, Fernando". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2023-08-31.
- ↑ "Valentín García Gómez e Fernando Ramallo no Foro Mugardos Lingua e Sociedade Fundacion Carlos Casares". Consultado o 2023-08-31.
- ↑ "Fernando Ramallo Fernández". Dialnet (en castelán). Consultado o 2023-08-31.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-08-31.
- ↑ López Alonso, Luís (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Preguntas e respostas para unha emancipación sociolingüística". Grial LXII (241): 107. ISSN 0017-4181.