Fernando Gómez-Reino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Gómez-Reino
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso100 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Club Natación A Coruña Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976Xogos Olímpicos de 1976 Editar o valor em Wikidata

Fernando Gómez-Reino Lecoq, nado na Coruña o 21 de decembro de 1955, é un exnadador galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou destacando dende novo no Club Natación A Coruña e no Club do Mar, batendo varios récords de Galicia, e conseguiu unha bolsa para prepararse na Residencia Blume de Barcelona.[1] En 1975 entrou na selección española de natación, dentro do equipo de remudas, disputando ese mesmo ano o Campionato Mundial de Natación en Cali.[2] En marzo de 1976 bateu os récords de España de 4x100m libres e 4x200m libres.[3]

Foi seleccionado pola Federación Española para participar nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, onde competiu na proba de 4x200m libres xunto a David López-Zubero, Jesús Fuentes e Santiago Esteva. Realizaron un tempo de 7:49.22, quedando cuartos na súa serie, na que só se clasificaban os tres primeiros equipos.[4]

Trala súa retirada traballou como adestrador, destacando a súa labor no Club Natació Palma.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gómez Reino fichó por el C.N. Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de marzo de 1975. p. 47. 
  2. "La Selección Española acudirá a los mundiales de Cali". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1975. p. 40. 
  3. "Batidos cinco records nacionales de relevos". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de marzo de 1976. p. 33. 
  4. "4x200 m libres en Montreal 1976". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  5. "El coruñés Fernando Gómez Reino podría ser el nuevo entrenador de natación del Náutico de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 1986. p. 46.