Felix Finkbeiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felix Finkbeiner
Nome completoFelix Maximilian Finkbeiner
Nacemento8 de outubro de 1997
Lugar de nacementoMúnic
NacionalidadeAlemaña
Alma máterEscola de estudos orientais e africanos, ETH Zürich, Munich International School e Universidade de Londres
Ocupaciónconservacionista, escritor de non ficción e blogueiro
Paisen etiquetar
Coñecido porPlant-for-the-Planet
PremiosMedal of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, sen etiquetar e sen etiquetar
Na rede
https://www.plant-for-the-planet.org/de/startseite
IMDB: nm5090909 Facebook: FFinkbeiner Twitter: FelixFinkbeiner Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Felix Finkbeiner, nado o 8 de outubro de 1997, é un ecoloxista alemán, fundador da iniciativa Plant-for-the-Planet.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do empresario e membro do Club de Roma Frithjof Finkbeiner e da enxeñeira téxtil Karolin Finkbeiner, Felix creceu nas cidades bávaras de Pähl e Uffing am Staffelsee. Estudou na Escola Internacional de Múnic desde cuarto curso até a súa gradación en 2015. Despois de vivir tres anos en Londres, graduouse en relacións internacionais pola Escola de Estudos Orientais e Africanos en 2018. Desde setembro do mesmo ano é estudante de doutoramento en ciencias ambientais na Escola Politécnica Federal de Zúrich.[1]

En xaneiro de 2007, cando contaba con tan só nove anos, Finkbeiner deu en clase unha presentación sobre o quecemento global, en cuxo transcurso suxeriu aos seus compañeiros esparexer a iniciativa de que os nenos do mundo plantasen un millón de árbores en cada país. Finkbeiner e os seus compañeiros decidiron poñelo en práctica plantando a primeira árbore o 28 de marzo de 2007, ao que seguiu o lanzamento oficial de Plant-for-the-Planet. Tras tres anos, a iniciativa completou o seu primeiro millón.[2] Felix foi convidado a falar no Parlamento Europeo con 10 anos e na Asemblea Xeral das Nacións Unidas con 13.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Felix Finkbeiner recibindo a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meet the Lab". Crowther Lab. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  2. A million trees and counting - German boy activist fights climate change Deutsche Welle, 21 de xuño de 2010.
  3. Wipfelstürmer Süddeutsche Zeitung, 9 de marzo de 2018.
  4. "Laudatio zur Verleihung der Bayerischen Staatsmedaille für Verdienste um die Umwelt 2009". Bayerisches Staatsministerium für Umwelt und Verbraucherschutz. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  5. Green giants: the eco power list The Guardian, 16 de xaneiro de 2011.
  6. Die Hundert Einflussreichsten Deutschen, Focus, outubro de 2011
  7. "Gewinner des Bürgerkulturpreises 2013 stehen fest - Landtag zeichnet neun Projekte aus ganz Bayern aus". Bayerischer Landtag. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  8. "Deutscher Kulturpreis: Kardinal und 16-jähriger Umweltaktivist geehrt". Bayerisches Staatsministerium für Unterricht und Kultus. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  9. 1000 Milliarden Bäume für unsere Zukunft: Das Magazin Reader's Digest zeichnet den 17-jährigen Zukunfts-Aktivisten Felix Finkbeiner als "Europäer des Jahres 2015" aus, 20 de xaneiro de 2015
  10. "Announcing the 2016 JCI TOYP Honorees". JCI. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  11. Steinmeier verleiht Felix Finkbeiner das Bundesverdienstkreuz Arquivado 22 de abril de 2019 en Wayback Machine. Bayerischer Rundfunk, 22 de maio de 2018.
  12. Das Ranking der Entscheider, Focus, decembro de 2018