Frank-Walter Steinmeier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Frank-Walter Steinmeier
Frank-Walter Steinmeier - 2018 (cropped).jpg
Nacemento5 de xaneiro de 1956
 Detmold
NacionalidadeAlemaña
RelixiónLuteranismo
Alma máterUniversidade de Giessen e Universidade de Giessen
Ocupaciónpolítico e avogado
CónxuxeElke Büdenbender
PremiosCabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Grand Cross of the Order of Merit, Decoration of Honour for Services to the Republic of Austria, Grand Officer of the Legion of Honour, honorary doctor of the Hebrew University of Jerusalem, Grand Cross Special Class of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany e Grand Cross special issue of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, special issue
Signature f.-w. steinmeier.png
editar datos en Wikidata ]

Frank-Walter Steinmeier, nado o 5 de xaneiro de 1956 en Detmold, Renania do Norte-Westfalia, é un político alemán, membro do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD, polas súas siglas en alemán). É o actual Presidente de Alemaña dende o 19 de marzo de 2017. Dende 2005 até 2009 e novamente de 2013 a 2017 foi ministro de Relacións Exteriores, dende novembro de 2007 tamén vicechanceler de Alemaña. En outubro de 2007 foi elixido vicepresidente federal do SPD. De 1999 a 2005 foi xefe da Chancelería Federal (cargo comparable ó ministerio da Presidencia); durante o primeiro semestre de 2007 ademais foi presidente do Consello da Unión Europea. O 7 de setembro de 2008 foi nomeado candidato a chanceler de Alemaña polo SPD para as eleccións de 2009, enfrontándose a Angela Merkel.[1]

En febreiro de 2017 foi elixido como presidente de Alemaña. Asumiu o cargo o 19 de marzo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Steinmeier naceu en 1956 como fillo dun ebanista e unha obreira, ambos de relixión protestante. Logo de prestar o seu servizo militar, estudou dereito entre 1976 e 1980, despois seguiu estudos de ciencias políticas entre 1980 e 1982 na Universidade de Gießen. Traballou na facultade de Dereito Público e Ciencias Políticas e escribiu unha tese doutoral sobre as persoas sen fogar. Está casado e ten unha filla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os socialdemócratas de Alemaña nomean ao ministro de Exteriores como candidato a chanceler, O País (España), 7 de setembro de 2008.
  2. Gaucks „Amtszeit endet am 18. März, 24.00 Uhr.“ bundespraesident.de (en alemán).