Saltar ao contido

Felipe Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFelipe Arias
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1949 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRomanización de Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfuncionario, escritor, mestre, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Xunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
Membro de

Enciclopedia Galega Universal: 78004 BNE: XX1725421 BUSC: arias-vilas-felipe-1949 Dialnet: 503071

Felipe Arias Vilas, nado en Lugo o 5 de xullo de 1949, é un arqueólogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras (sección Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi Premio Extraordinario de Licenciatura coa Tese sobre a Muralla Romana de Lugo. Foi profesor de Historia e Arqueoloxía e bolseiro de investigación na USC (1971-1974). Participou e dirixiu proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. Participou nas campañas realizadas nas Torres de Oeste, en Catoira, e nos castros de Punta Neixón, en Boiro; Penarrubia, en Lugo; Castillós, en Pantón; ou Santa Eulalia de Bóveda.[1] [2]

Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, é xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (CSIC), e promotor do Consello Galego de Museos. Funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos desde 1974. Foi director-conservador do Museo Provincial de Lugo entre 1974 e 1984 e estivo á fronte do Museo do Castro de Viladonga desde a súa creación, en 1983, ata a súa xubilación no 2014. Foi Director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia de 2005 a 2009.[1]

Colaborou en máis de duascentas setenta publicacións en forma de libros, artigos, folletos, e traballos varios, en especial sobre temas de arqueoloxía galega e lucense, epigrafía e numismática romanas, museos, patrimonio cultural etc.[1] Desde 2016 é profesor investigador ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela.[1] En 2025 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.[2][3]

  • Las murallas romanas de Lugo, 1972.
  • Museo Provincial de Lugo, 1981.
  • Castro de Viladonga, 1985.
  • Museo do Castro de Viladonga, 1996
  • Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995). Ccon Ana Romero Masiá. Ir Indo. ISBN 84-7680-168-8.
  • Até o confín do mundo: diálogos entre Santiago e o mar: do 27 de xullo ao 30 de settembro, Museo do Mar de Galicia, Alcabre, Vigo (2024). Museo do Mar de Galicia. ISBN 84-933373-4-X. Versión en castelán.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • La romanización de Galicia, 1972, Cadernos do Seminario de Sargadelos.
  • Inscriptions romaines de la province de Lugo (1979). Diffusion de Boccard.
  • Museo del Castro de Viladonga (1990). Ministerio de Cultura, Subdirección General de Museos Estatales.
  • Galicia: da romanidade á xermanización. Problemas históricos e culturais, 1993, Museo do Pobo Galego.
  • Museo do Castro de Viladonga: Castro de Rei-Lugo (1990). Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
  • Historia de Lugo (2001). Vía Láctea.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fillo de Felipe Segundo Arias Varo e Alicia Vilas Diaz.

  • 2013: Premio da Cultura Galega no ámbito do patrimonio cultural
  1. 1 2 3 4 "Felipe Arias Vilas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2025-12-13.
  2. 1 2 "Felipe Arias, elixido novo membro correspondente da Real Academia Galega". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-12-13. Consultado o 2025-12-13.
  3. López, Ruth (2025-12-13). "O lugués Felipe Arias, novo académico correspondente da Real Academia Galega". El Progreso de Lugo. Consultado o 2025-12-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]