Feliciano Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFeliciano Valencia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Feliciano Valencia Medina Editar o valor em Wikidata
9 de xullo de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Santander de Quilichao, Colombia Editar o valor em Wikidata
Senador de Colombia
20 de marzo de 2018 – 20 de xullo de 2022
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo nasa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua nasa Editar o valor em Wikidata

Twitter: FelicianoValen Editar o valor em Wikidata

Feliciano Valencia Medina, nado en Santander de Quilichao, Cauca, Colombia o 9 de xullo de 1955, é un líder indíxena nasa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un dos nove fillos de Claudio Valencia e Fidelina Medina. Cursou primaria na escola da súa verea.[1] Na adolescencia foi xornaleiro colleiteiro de café e de algodón.[2]

Valencia obtivo varios cargos na súa comunidade, o Resgardo indíxena de Canoas, en Santander de Qulichao e, como directivo do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC). En 2010, presentouse para a alcaldía de Santander de Quilichao, a súa vila natal, aínda que perdeu.

No 2010, no aeroporto de Cali, cando ía rumbo á Arxentina como voceiro dun encontro de indíxenas, foi detido, acusado de "secuestro simple", porque en 2008 no medio dunha mobilización masiva dos indíxenas, un cabo do Exército, vestido de civil, co camuflado e a arma nunha mochila, foi retido pola garda indíxena e castigado polas autoridades indíxenas das comunidades locais. O xuíz de primeira instancia declarouno inocente, considerando que as autoridades indíxenas cumprían as súas funcións legais e Feliciano non tomara as decisións. En setembro de 2015 foi capturado tras ser condenado en segunda instancia polo Tribunal do Cauca, que o condenou a 18 anos de cárcere. A Corte Suprema de Xustiza de Colombia declarouno inocente e liberouno o 28 de xuño de 2017, con criterios semellantes aos do xuíz de primeira instancia, concluíndo que na retención do cabo déronse os factores para a aplicación do foro indíxena.[3]

Nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018, foi candidato ao Senado polo Movemento Alternativo Indíxena e Social e foi elixido o 11 de marzo de 2018 como senador da República para o período 2018-2022.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Feliciano Valencia Medina; La Silla Vaciía, 13 de xullo de 2016.
  2. Las luchas del líder de los nasas en el Cauca; El Tiempo, 23 de xullo de 2012.
  3. Corte Suprema de Justicia Sentencia SP 9243 de 2017.
  4. Rexistraduría Nacional do Estado Civil Resultados Senado Circunscrición Indíxena Arquivado 12 de marzo de 2018 en Wayback Machine.; Eleccións 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]