A-66

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A-66Spain.png
Autovía Ruta de la Plata
A-66 3.png
Tipoloxía Autovía
Ruta europea E-803europe.svg E-70europe.svg E-80europe.svg
E-82europe.svg E-90europe.svg
Lonxitude 786 km
Localización
Inicio Xixón (Plaza del Humedal)
Fin Sevilla (Porto de Sevilla)

A A-66, coñecida como Autovía Ruta de la Plata ou Autovía de la Plata, é unha autovía española que une as cidades de Xixón e Sevilla. O nome de Ruta da Prata fai referencia á histórica ruta que os romanos construíron entre Mérida e Astorga, aínda que non comparte trazado con ela. É a segunda autovía con máis quilómetros de España, por detrás da Autoestrada do Mediterráneo (AP-7).

É necesaria para as viaxes entre a Meseta e Asturias, ao ser a principal vía de entrada ao Principado dende o interior peninsular. As localidades máis importantes polas que pasa son, de norte a sur: Xixón, Oviedo, Mieres, León, Benavente, Zamora, Salamanca, Béjar, Plasencia, Cáceres, Mérida, Almendralejo, Zafra e Sevilla.

A A-66 coincide coas rutas europeas E-70 entre Xixón e Serín, E-80 entre o norte e oeste de Salamanca, E-803 entre Salamanca e Sevilla, E-82 entre o norte e leste de Zamora e E-90 entre o norte e oeste de Mérida, no trazado compartido coa A-5.

Dende 2015 está en servizo en todo o seu percorrido. O tramo entre Campomanes e León corresponde á autoestrada de peaxe AP-66.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]