Fedor Stravinskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fedor Stravinskii
Fedor stravinsky.jpg
Fedor Stravinskii como o muiñeiro na ópera de Dargomyzhskii Rusalka.
Nome completoFedor Ignatievich Stravinskii
Nacemento20 de xuño de 1843
OrixeNovy Dvor, Imperio Ruso Imperio Ruso
Falecemento4 de decembro de 1902
San Petersburgo, Imperio Ruso Imperio Ruso
 San Petersburgo
SoterradoCemitério Tikhvin
FillosÍgor Stravinski e Yury Stravinsky
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozBaixo
Relacionado conIgor Stravinskii
Soulima Stravinsky
Na rede
Musicbrainz: e21c1970-87b9-451c-a7d7-df996d456b41 WikiTree: Stravinsky-12 Find a Grave: 11234 Editar o valor em Wikidata

Fedor Ignatievich Stravinskii (en ruso: Фёдор Игнатиевич Стравинский), nado o 20 de xuño (8 de xuño no calendario xuliano) de 1843 en Novy Dvor (Gobernación de Minsk, Imperio Ruso) e finado o 4 de decembro (21 de novembro no calendario xuliano) de 1902 en San Petersburgo (Imperio Ruso), foi un baixo de ópera e actor ruso. Foi o pai de Igor Stravinskii e o avó de Soulima Stravinsky.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tumba de Fedor Stravinskii no Cemiterio Tikhvin de San Petersburgo.

O seu pai, Ignatii, era un católico procedente da familia nobre polaca dos Stravinskii-Sulima;[nota 1] súa nai, Aleksandra Ivanovna Skorokhodova, era a filla dun pequeno terratenente ruso. Fedor foi bautizado na Igrexa Ortodoxa, xa que a lei imperial establecía que os nenos nados de matrimonios mixtos de católicos e ortodoxos tiñan que ser educados na fe ortodoxa rusa.[1][2][3]

En 1869 finalizou os seus estudos no Liceo de Nizhyn, onde cantaba no coro da igrexa. Estudou canto no Conservatorio de San Petersburgo entre 1869 e 1873. Posteriormente estudaría con Camille Everardi en Kíiv.

Stravinskii comezou a súa carreira solística en Kíiv (1873–76) antes de trasladarse a San Petersburgo, onde cantou no Teatro Mariinskii durante 26 anos, de 1876 a 1902. Foi aclamado como sucesor de Osip Petrov, recoñecido polo seu excepcional talento dramático como actor, e foi considerado o baixo principal da Ópera Imperial. Foi admirado pola profundidade dos seus coñecementos psicolóxicos e o seu dominio da técnica teatral.

Stravinskii interpretou moitos papeis nas estreas das óperas de Chaikovskii:

Tamén participou na estrea de Cordelia de Nikolai Soloviev o 24 de novembro de 1880 en San Petersburgo,[4] e interpretou o papel de Moroz (King Frost) na ópera de Rimskii-Korsakov Snegúrochka en 1882, cando seu fillo Igor estudaba con Rimskii-Korsakov).

Stravinskii foi tamén coñecido como un activo defensor da música de Mykola Lysenko, representando frecuentemente o papel de Mykola na ópera Natalka Poltavka.

Entre os seus grandes sucesores estaban Among Feodor Chaliapin e Lev Sibiriakov. Fedor Stravinskii morreu en 1902 e foi enterrado no cemiterio de artistas do mosteiro Alexandre Nevski de San Petersburgo.

Dise que as súas memorias son de valor incalculable. Tamén tiña unha biblioteca única que era moi popular entre os bibliógrafos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome "Stravinskii" (en polaco Strawiński) vén da palabra "Strava" (en polaco Strawa) - o pequeno río en Polonia oriental, afluente do Vístula
Referencias
  1. Igor Stravinsky, Robert Craft, Memories and commentaries, University of California Press, 1981, p. 17
  2. Roman Vlad, Stravinsky, Cambridge University Press, 1978, p. 3
  3. Scott Lubaroff, An examination of the neo-classical wind works of Igor Stravinsky: the Octet for winds and Concerto for piano and winds, E. Mellen Press, 2004, p. 5
  4. "Soloviev, Nikolai Feopemptovich" en Grove Dictionary of Music and Musicians, 5th ed.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lysenko, I. A, Dictionary of Ukrainian singers. Kiev, 1997