Federico VI de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico VI de Dinamarca
Frederik6coronation.jpg
Nacemento28 de xaneiro de 1768
 Copenhague e Palácio de Christiansborg
Falecemento3 de decembro de 1839
 Copenhague e Palácio de Amalienborg
SoterradoCatedral de Roskilde
NacionalidadeDinamarca
RelixiónLuteranismo
Ocupaciónmonarca
PaiCristián VII de Dinamarca
NaiCarolina Matilde da Grã-Bretanha
CónxuxeMaria Sofia de Hesse-Cassel
FillosCarolina da Dinamarca, Guilhermina Maria da Dinamarca, Frederik Wilhelm Dannemand, Christian Oldenburg, Prince of Denmark, Marie Louise Oldenburg, Princess of Denmark, Louise Oldenburg, Princess of Denmark, Christian Oldenburg, Prince of Denmark, Juliane Louise Oldenburg, Princess of Denmark, Frederika Maria Oldenburg, Princess of Denmark, Louise Dannemand, Countess of Dannemand, Caroline Dannemand, Countess of Dannemand e Waldemar Dannemand, Count of Dannemand
IrmánsLuísa Augusta da Dinamarca
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Cabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André e Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes
editar datos en Wikidata ]

Federico VI, nado en Christiansborg o 28 de xaneiro de 1768 e finado en Copenhague o 3 de decembro de 1839, foi rei de Dinamarca de 1808 a 1839 e de Noruega de 1808 a 1814. Era fillo de Cristián VII de Dinamarca e Carolina Matilde de Hannover.

Anteriormente fora rexente de Dinamarca e Noruega (1784-1808) debido aos problemas psicolóxicos de seu pai.

Durante a súa rexencia, Federico levou a efecto reformas liberais co apoio do seu ministro principal Andreas Peter Bernstorff, incluíndo a abolición da servidume en 1788 pero tivo problemas con Gran Bretaña que se traduciron en dous ataques navais británicos en 1801 e 1807. Nese ano o rei aliouse con Napoleón e tras da súa derrota tivo que ceder Noruega a Suecia de conforme ao Tratado de Kiel. Afeccionado á astronomía chegou a descubrir un cometa en 1832. Morreu o 3 de decembro de 1839.