Federico Trillo-Figueroa y Vázquez
Federico Trillo-Figueroa Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1920[1][2] e finado en Cartaxena o 12 de setembro de 2002, foi un político e militar galego, auditor do Corpo Xurídico da Armada, alcalde de Cartaxena e gobernador civil durante a ditadura franquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Combateu como alférez provisional durante a guerra civil. En 1960 foi nomeado alcalde de Cartaxena, cargo que ocupou até 1966. Durante a súa alcaldía inaugurou o busto de Asdrúbal o Belo. Posteriormente foi gobernador civil das provincias de Teruel, Cáceres, Burgos e Zaragoza[3]. Doutor en dereito, chegou a ser ministro togado do Corpo Xurídico da Armada.[4][5]
Faleceu no Hospital Naval Mediterráneo.[6][7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado con Eloísa Martínez-Conde y Muñoz, é pai do tamén político Federico Trillo-Figueroa Martínez-Conde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teruel". ABC (Madrid): 69. 16 de abril de 1966.
- ↑ Lorenzo, Sergio (23 de xaneiro de 2017). "Aquel feliz Trillo, el hijo del gobernador civil de Cáceres". Hoy.
- ↑ Clara, 2002, p. 462.
- ↑ "Gobernador civil de Zaragoza". ABC. 27 de xaneiro de 1973.
- ↑ "José Francisco Querol: General y magistrado". El País. 31 de outubro de 2000.
- ↑ "Muere el padre de Federico Trillo a causa de una trombosis". El Mundo. 12 de setembro de 2002.
- ↑ "Esquela". ABC. 10 de outubro de 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clara, Josep (2002). "Militarismo político y gobiernos civiles durante el franquismo". Anales de Historia Contemporánea (Murcia: Editum) 18: 451–468. ISSN 0212-6559. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.