Saltar ao contido

Fatu Hiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fatu Hiva
 Nome orixinal
    Fatu Hiva (fr)   Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Descuberta / invención
21 de xullo de 1595 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
636
587 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   9 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   16 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   84 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap10068833 Editar o valor en Wikidata
VIAF252386635 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03klrx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Fatu Hiva (en marquesano: Fatuiva) é a illa máis meridional das Marquesas. Está situada a 75 km ao sur de Hiva Oa.

A illa está constituída por dous antigos volcáns que forman unha cadea montañosa que culmina no monte Tauauoho con 960 metros de altitude. Ao oeste ábrense dous baías: Hanavave e Omoa. A baía de Hanavave era coñecida polos navegantes como baía das Vergas, xa que se atopan unhas formacións rochosas con forma fálica. Os misioneiros católicos, interpretando que se trata dos veos das virxes, cambiaron o nome a baía das Virxes, engadindo unha "i" en francés: V(i)erges. A costa leste caracterízase por estreitos vales escarpadas e inaccesibles. A superficie total é de 84 km².

Abundan as árbores froiteiras: mangas, bananas, pomelos, limóns, laranxas e papaias. Os mangas están á libre disposición de todos os habitantes.

A poboación total era de 611 habitantes no censo do 2012. As vilas principais son Omoa, a capital, e Hanavave, situadas nas baías do mesmo nome. A poboación vive principalmente do agro, a artesanía e o turismo. A orografía da illa non permite a construción dunha pista de aterraxe e só é accesible por barco.

Fatu Hiva foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira a vixilia de santa María Magdalena de 1595, e chamouna Illa Magdalena. O investigador noruegués Thor Heyerdahl instalouse en 1936, e comezou a desenvolver aquí as súas teorías sobre as navegacións prehistóricas. Describe a súa experiencia no libro Fatu-Hiva: Back to Nature.

Bosque de Fatu Hiva
Mapa de Fatu Hiva
Mapa de Fatu Hiva