Faro de Lobito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 12°19′15″S 13°35′45″L / -12.32076944, 13.59571667

O faro en 2007
O faro en 2007
Datos xerais
Localización xeográfica Lobito
Localización municipal Lobito
Provincia de Benguela
Construción 1915
Datos técnicos [1]
Altura sobre o nivel do mar 106 metros
Altura sobre o terreo 15 metros
Alcance 20 millas náuticas

O Faro de Lobito é un faro angolano situado na parte superior dos acantilados do lado leste da entrada do porto e baía de Lobito, fronte á punta da restinga, ao norte da cidade de mesmo nome, na provincia de Benguela.

Trátase dunha torre de cachotería cilíndrica con galería e lanterna ao lado dunha pequena casa de faroleiros. O faro está pintado de branco cunha ampla barra vermella.

A lanterna semella estar, polo menos desde 1999, encaixada nun poste branco con franxas vermellas estreitas a pouca distancia do faro primitivo que funciona con enerxía solar.

O porto de Lobito é o terminal do famoso ferrocarril de Benguela, que serve ás minas de Zambia e ao suroeste da República Democrática do Congo.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

En 1995 durante a guerra civil, coas imaxes de Fidel Castro, Agostinho Neto e Camilo Cienfuegos.
  • 1915: Construción.
  • 1995: O faro resultou moi danado debido ao período de guerra civil.
  • 1999: O faro xa non ten lanterna, estando a luz nun poste a pouca distancia do faro primitivo.
  • 2004 / 2007: O faro foi restaurado.[2]
  • 2007: O faro é xestionado a través dunha concesión que garante a súa conservación, sendo empregado como casa de fin de semana.[3]

Información[editar | editar a fonte]

  • Operacional: Axuda de navegación activa
  • Acceso: en 4x4 a uns 14 Km do centro de Lobito
  • Aberto ao público: Local aberto, torre pechada
  • Nº internacional D-5280;
  • Nº NGA: 25640 [4]
  • Nº ARLHS: ANO-008 [5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://wlol.arlhs.com/lighthouse/ANO008.html
  2. "Lighthouses of Angola". 11 de Novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  3. "Coisas Boas". 15 de Abril de 2007. 
  4. "Angola". 20 de Setembro de 2008. [Ligazón morta]
  5. "Angola". 19 de Abril de 2009. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]