Faro de Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fisterra.JPG
Datos xerais
Localización xeográfica Cabo Fisterra
Localización municipal Fisterra, Provincia da Coruña
Construción 1853
Datos técnicos
Código internacional D-1742
Descrición Torre octogonal de silleria e casa
Altura sobre o nivel do mar 143 metros
Altura sobre o terreo 17 metros
Características D B 5 seg.
Período 0,3 +4,7 = 5 seg.
Alcance 23 millas náuticas

O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.

O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]