Fanny Hesse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFanny Hesse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1850 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Dresden Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga , microbióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWalther Hesse

Fanny Hesse, nada como Angelina Fanny Eilshemius o 22 de xuño de 1850 na cidade de Nova York e finada o 1 de decembro de 1934, foi unha investigadora estadounidense, coñecida polo seu traballo en microbioloxía e no desenvolvemento do ágar como medio de cultivo de microorganismos.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Angelina Fanny Eilshemiusl era filla de Gottfried Eilshemius, un rico comerciante de importacións, e Ceclie Le. Ela coñeceu ao médico Walther Hesse, o seu futuro marido e compañeiro de investigación, en 1872, mentres estaba en Alemaña . Fixéronse mozos en 1873 e casaron en Xenebra en 1874.[5][6]

Antes do seu descubrimento, Fanny Eilshemius de Hesse fixo debuxos para as publicacións de Walter Hesse. Mentres traballaba para o seu marido como técnica no laboratorio do médico e microbiólogo alemán Robert Koch, Fanny Eilshemius de Hesse suxeriu que o agar podería ser preferible á xelatina para o cultivo de bacterias. Isto levou a Koch a utilizar agar para cultivar as bacterias que causan a tuberculose, o que supuxo un grande avance para a ciencia da súa época.[5]

Nun artigo sobre o bacilo do tubérculo publicado en 1882, Koch mencionou o uso de ágar en lugar de xelatina, pero non lles deu crédito a Fanny Eilshemius e Walther Hesse, nin comentou por que fixera o cambio. A idea de Fanny Eilshemius de Hesse nunca resultou en ningún beneficio económico para a familia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Forgotten Woman Who Made Microbiology Possible". Popular Science (en inglés). 14 de xullo de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  2. "Fanny Hesse y el agar-agar: de la cocina al laboratorio | Ciencia y más" (en castelán). 5 de octubre de 2016. Consultado o 25 de diciembre de 2019. 
  3. "Angelina Hesse, the Woman Who Introduced Agar to Microbiology" (en inglés). 31 de mayo de 2018. Consultado o 25 de diciembre de 2019. 
  4. "Fanny Hesse’s invention that changed microbiology forever" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de novembro de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Haines, Catharine M. C. (2001). International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950 (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9781576070901. 
  6. Ledermann, Walter (2015-12). "Un tributo al género: abnegadas esposas de intrépidos investigadores" 32 (6): 697–702. ISSN 0716-1018. doi:10.4067/S0716-10182015000700013. Consultado o 25 de diciembre de 2019.