Saltar ao contido

Falcón sacre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falcón sacre
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Falconidae
Xénero: 'Falco'
Subxénero: (Hierofalco)
Especie: F. cherrug
Nome binomial
'Falco cherrug'
Gray, 1834
Range of F. cherrug
Range of F. cherrug

Range of F. cherrug
Sinonimia

Falco altaicus (Menzbier, 1891)
Hierofalco altaicus Menzbier, 1891

O falcón sacre[2] é unha especie de ave de rapina da orde das falconiformes.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

É un dos falcóns máis grandes. O dorso e a cabeza é dun marrón avermellado. A parte inferior do corpo é branca manchada con marcas acastañadas. Patas amarelas e os ollos acastañados

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O niño adoita localizarse nas árbores ou en rochas. A posta é de 4-5 ovos, sendo chocados uns 30 días. Os polos permanecen no niño uns 45 días

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Esquíos, ratos ou lemmings. Tamén aves, ata o tamaño dunha garza. Adoita cazar lanzándose dende algunha elevación, ou ben caza as súas presas en pleno voo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Dende o sueste de Europa ata Transbaikalia. Cara ao sur atópase ata o Himalaia.

  1. BirdLife International (2013). "Falco cherrug". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]