Saltar ao contido

Falcon 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falcon 1
FunciónLanzador espacial lixeiro.
fabricanteSpaceX
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
altura21,3 m[1]
diámetro1,70 m[1]
masa27.670 kg[1]
Etapas2[1]
Carga LEO
masa420 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaFalcon[1]
Lanzamento históricos
EstadoActivo[1]
SitiosIlla Omelek, Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Total de lanzamentos5[1]
exitosos2[1]
fallos3[1]
Voo inaugural24 de marzo de 2006[1]
Último voo14 de xullo de 2009[1]
Primeira etapa – Falcon 1-1[2][3]
altura12,3 m[3]
diámetro1,70 m[3]
masa baleiro1505 kg[3]
masa cheo22.993 kg[3]
impulsado por1 Merlin 1[2][3]
potencia máxima369,0 kN[3]
Impulso específico300 s (282 s a nivel do mar)[3]
propelenteQueroseno/Oxíxeno líquido[3]
Segunda etapa – Falcon 1-2[2][4]
altura5,50 m[4]
diámetro1,70 m[4]
impulsado por1 Kestrel[2][4]
potencia máxima33,0 kN[4]
Impulso específico317 s[4]
propelenteQueroseno/Oxíxeno líquido[4]
[ editar datos en Wikidata ]

Falcon 1 foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Falcon.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Falcon 1 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e usa un único motor en cada unha das súas etapas: un Merlin 1 na primeira e un Kestrel na segunda. A carga típica dos Falcon 1 son pequenos satélites destinados á órbita baixa.[1][2]

Os primeiros voos do Falcon 1 planificáronse para 2004, pero diversos atrasos pospuxeron o primeiro intento a 2006, que tivo lugar desde a illa Omelek, no océano Pacífico e que resultou en fracaso por un problema co circuíto de propelente. O primeiro voo exitoso tivo lugar ao cuarto intento, en 2008.[1][2]

A estrutura da primeira etapa é monocasco e construída nunha aliaxe de aluminio. A segunda etapa está construída nunha aliaxe de aluminio e litio.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 24 de marzo de 2006 Falconsat 2 Fallo Primeiro voo de proba. Fallo no sistema de distribución de propelente.
2 21 de marzo de 2007 Demosat Fallo Segundo voo de proba. Fallo da segunda etapa.
3 3 de agosto de 2008 Trailblazer, PreSat, NanoSail D, Celestis 07 Fallo Terceiro voo de proba. Fallo na separación entre as etapas.
4 28 de setembro de 2008 Ratsat Éxito
5 14 de xullo de 2009 RazakSat 1 Éxito
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Mark Wade (2011). "Falcon 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Falcon-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Mark Wade (2011). "Falcon 1-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "Falcon 1-2" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]