Kestrel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kestrel
Representación dun motor Kestrel.
País de orixeEstados Unidos[1]
Primeiro voo2006[1]
FabricanteSpaceX
AplicaciónMotor principal da segunda etapa do Falcon 1[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteOsíxeno líquido[1] / Queroseno[1]
Rendemento
Pulo30,7 kN[1]
Taxa de pulo a peso65[1]
Impulso específico320 s[1]
Dimensións
Peso seco52 kg[1]
Usado en
Falcon 1

O motor foguete Kestrel (lagarteiro en inglés) é un motor alimentado por osíxeno líquido e queroseno desenvolvido por SpaceX para uso na segunda etapa do foguete Falcon 1. É un motor de alta eficiencia e baixa presión deseñado para funcionar no baleiro. Non usa turbobomba e o propelente alimenta o motor mediante a presión do propio tanque de propelente. O motor refrixérase ablativamente a nivel da cámara de combustión e radiativamente na tobeira, fabricada nunha aliaxe de niobio. O control do vector de pulo en guiñada e cabeceo conséguese mediante actuadores electromecánicos na cúpula do motor. O contro en alabeo e o control de actitude durante as fases de costeo conséguese mediante propulsores de helio. O motor ten encendedores redundantes para mellorar a fiablidade da ignición no baleiro, capaces de varios reencendidos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2011). "Kestrel" (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]