NanoSail D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NanoSail D / NanoSail D2
Representación artística de NanoSail D en órbita.
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento20 de novembro de 2010[1][2]
Foguete portadorMinotaur 4[2][3]
Sitio de lanzamentoComplexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca[2][3][4]
Obxectivo da misiónDemostrador de vela solar.[2][3][4]
Decaemento17 de setembro de 2011[1]
NSSDC ID2010-062L
Masa4 kg[2]

NanoSail D, coñecido tamén como NanoSail D2, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 20 de novembro de 2010 mediante un foguete Minotaur 4 desde o Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca.[1][2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

NanoSail D foi a segunda unidade de dúas idénticas, coa primeira fracasando en chegar a órbita debido ao fallo do seu foguete lanzador, un Falcon 1. Era un cubesat de tres unidades e 4 kg de masa que, unha vez en órbita, despregou unha vela solar de 10 m2. Inicialmente NanoSail D foi incapaz de desacoplarse do adaptador que debía liberalo. Acabou separándose espontaneamente máis dun mes despois de entrar en órbita e tres días conseguiu despregar a vela. Despois de cumprir a súa misión reentrou na atmosfera o 17 de setembro de 2011.[1][2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "NANOSAIL-D-002" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Nanosail-D-002" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "NanoSail D" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mark Wade (2023). "NanoSail D" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]