Phasianus colchicus torquatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Macho de faisán común da subespecie torquatus, ferido nunha pata.

O faisán común da subespecie torquatus, ou faisán torcado, é unha variedade de faisán común, caracterizada por lucir un anel de cor branca na base do pescozo.

A diferenza do Ph. colchicus colchicus, esta subespecie é lixeiramente máis pequena, ten retornos inferiores e pode voar máis dificultosamente. Porén, son posíbeis os híbridos con esoutra subespecie para mellorar tanto os rendementos como a capacidade de voo.

Foi introducida dende China pero acadou unha grande distribución por todo o mundo. Identifícanse catro variedades principais, que se distinguen polo corido das súas plumas: a chinesa de anel, a de lombo azul, a Kansas, e a Bazanty.