Fabriciana adippe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fabriciana adippe

Fabriciana adippe macho en Cuenca de Barberá, Tarragona.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Fabriciana
Especie: F. adippe
Denis & Schiffermüller, 1775
Sinonimia[1]
  • Papilio adippe Denis & Schiffermüller, 1775
  • Argynnis adippe
Macho fotografado preto do encoro de Cavallers, Alta Ribagorza.
Viola hirta, unha das plantas nutricias da eiruga.

Fabriciana adippe é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. (Denis & Schiffermüller, 1775)[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

Atópase ao noroeste de África, Europa e a Asia tépeda. En Europa atópase entre o nivel do mar e os 2100 m s. n. m. Ausente nas illas mediterráneas excepto en Sicilia.[2]

Na Península Ibérica distribúese principalmente ao norte e no centro e sur habita en zonas de montaña.[3][4][5][6]

Descrición[editar | editar a fonte]

Envergadura alar de entre 50 e 60 mm.[7] Os machos caracterízanse por dúas marcas androconiais nas veas V2 e V3 do anverso das ás anteriores.[2]

En xeral trátase dunha especie fenotípicamente moi variable, con numerosas subespecies de aspecto diferente e fáciles de confundir con outras especies semellantes.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Prefire zonas arbustivas secas e herbosas, así como claros en bosques abertos. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Viola.[2]

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Unha xeración ao ano entre finais de maio e agosto, segundo a localidade e a altitude. Hiberna en forma de eiruga xa formada dentro do ovo.[2]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Os imagos adoitan visitar flores de cardos e bebedoiros. A posta realízase sobre os talos ou follas da planta nutricia ou en pedras próximas. A eiruga aliméntase pola noite.[7][2][7][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Savela, Markku. "Fabriciana Reuss, 1920". Lepidoptera and Some Other Life Forms. Consultado o 1 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Tolman
  3. http://www.asturnatura.com/especie/argynnis-adippe.html Argynnis adippe - imágenes
  4. http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Argynnis-adippe-(Denis-y-Schiffermuller-1775).-cat5290.html Biodiversidad Virtual
  5. http://www.ukbutterflies.co.uk/species.php?vernacular_name=High%20Brown%20Fritillary UK Butterflies] (inglés)
  6. http://www.eurobutterflies.com/species_pages/adippe.htm European Butterflies] (inglés)
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Asturnatura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]