Fátima Abal
Fátima Abal en 2016 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fátima Abal Roma 1978 (45/46 anos) Cambados, España |
Alcaldesa de Cambados | |
2015 – 2022 (dimisión) ← Luís Aragunde Aragunde – Samuel Lago Ozón → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogada , política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Fátima Abal Roma, nada en Cambados en 1978, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito, é concelleira en Cambados polo PSdeG-PSOE dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cambados e foi elixida alcaldesa co apoio de BNG, Somos Cambados e Cambados Pode.[1] Nas municipais de 2019 foi reelixida rexedora, desta volta co apoio de Somos Cambados.
É presidenta da I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia contra a violencia de xénero[2] contra a violencia de xénero, vogal e membro da Comisión de Igualdade na FEMP en Madrid e coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE no Salnés. Impulsou o primeiro Simposio Internacional LGTBI de Galicia que se segue a celebrar na actualidade todos os meses de outubro.
En xaneiro de 2019 anunciouse a súa investigación por un posible caso de malversación,[3], se ben a Fiscalía determinou, logo da investigación, que era inocente e o delito polo que se lle acusaba inexistente.
En xaneiro de 2022 renunciou á alcaldía por motivos de saúde.[4] Tras a súa renuncia a alcaldía segue a exercer como concelleira de igualdade e crea a Escola de Apoderamento Feminino Dolores del Valle para dar visibilidade e voz ás mulleres cambadesas. Ostenta, ademais, as Concellerías de Educación e Infancia, Mar, Muller e Diversidade.
Predecesor: Luís Aragunde Aragunde |
Alcaldesa de Cambados 2015 - 2022 |
Sucesor: Samuel Lago Ozón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sorpresa en Cambados con la socialista Fátima Abal". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xuño de 2015.
- ↑ "I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia" (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 06/09/19.
- ↑ "Fiscalía investiga a la alcaldesa por posible malversación y a un policía por cohecho". Diario de Arousa (en castelán). 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ R.V (2022-01-07). "Fátima Abal renuncia a la alcaldía de Cambados por motivos de salud". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-01-09.