Samuel Lago Ozón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Lago Ozón
Nacemento1979
Lugar de nacementoVilastose
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo e político
editar datos en Wikidata ]

Samuel Lago Ozón, nado en Vilastose (Muxía) en 1979, é un político e enxeñeiro técnico agrícola galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Enxeñería Técnica Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro en Muxía polo PSdeG-PSOE tralas municipais de 2003, formando parte da oposición. Nas municipais de 2007 o PSdeG logrou a vitoria e Samuel Lago asumiu a concellería de urbanismo, manténdose no cargo tralas municipais de 2011 e 2015, nas que os socialistas lograron a maioría absoluta con Félix Porto á fronte.

Debido ó seu traballo de Unións Agrarias en Cambados trasladouse a esta localidade, onde foi o número 2 da candidatura socialista encabezada pola alcaldesa Fátima Abal nas municipais de 2019. Tras revalida-lo goberno foi nomeado tenente de alcalde e concelleiro de obras. En xaneiro de 2022, trala dimisión da alcaldesa, foi elixido novo alcalde de Cambados[1].


Predecesor:
Fátima Abal
 Escudo de Cambados.svg
Alcalde de Cambados
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Iba para alcalde de Muxía y ahora lo es de Cambados". La Voz de Galicia. 22 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]