Francisco Marto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Francisco de Xesús Marto
Francisco Marto2.jpg
Santo / Pastoriño de Fátima
Nacementoen Aljustrel, Fátima, Portugal
Pasamentoen Ourém, Portugal
Proceso de canonización
Beatificación13 de maio de 2000, Santuario de Fátima por Papa Xoán Paulo II
Canonización13 de maio de 2017, Santuario de Fátima por Papa Francisco
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade20 de febreiro
Santuario principalBasílica de Nosa Señora do Rosario, en Fátima, Portugal
AtributosDevoción a Xesús-Eucaristía

San Francisco de Xesús Marto, nado en Aljustrel (Fátima) o 11 de xuño de 1908[1][2] e finado en Ourém o 4 de abril de 1919, foi un dos tres pastores que afirmou ver a Nosa Señora, na Cova da Iría, en Fátima, entre 13 de maio e 13 de outubro de 1917.

Foi beatificado polo Papa Xoán Paulo II, o día 13 de maio de 2000, no Santuario de Fátima, e foi canonizado polo Papa Francisco, ibídem, o día 13 de maio de 2017, por ocasión das celebracións do Centenario das Aparicións de Fátima[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo máis vello de Manuel Pedro Marto e de súa muller Olímpia de Xesús dos Santos, Francisco era un neno típico do Portugal rural da época. Como non era obrigatorio, el non frecuentaba a escola e traballaba como pastor en conxunto coa súa irmá Jacinta Marto e a súa prima Lucía dos Santos. Tras os eventos que virían a ser coñecidos como as Aparicións de Fátima, Francisco ingresou no ensino primario, mais acabou por deixar de asistir ás clases.

Lucía dos Santos (aos dez anos de idade, no medio) e seus dous primos: Francisco Marto (de nove anos) e Jacinta Marto (de sete anos) suxeitando os seus rosarios.

De acordo coas memorias de Lucía, Francisco era un rapaz moi dado, máis calmo, e gustábame a música, o cal mostraba habilidade no pífaro. Sendo moi independente nas opinións, era, no entanto, pacificador, e mostrábase moi respectuoso polas persoas. Conta a súa curmá que até os animais non escapaban á súa caridade.

Tras as aparicións marianas, o comportamento dos dous irmáns alterouse e desde entón Francisco pasou a preferir rezar só. Marcado polas palabras de Nosa Señora para "que non ofendan máis a Deus", el retirábase na soidade "para consolar a Xesús polos pecados do mundo".

Os tres nenos, particularmente Francisco, tiñan o costume de practicar mortificacións e penitencias, mais que Nosa Señora, nunha das súas aparicións, pidira moderación. Con todo, como penitencia, Francisco deixara de ir á escola e escondíase para facer reparación polos pecadores. É posíbel que os prolongados xaxúns o enfraquecesen a punto de sucumbir á epidemia xerada pola pneumónica que varreu a Europa en 1918, a consecuencia da Primeira Guerra Mundial. El acabou por falecer en casa en 1919. O seu corpo encóntrase sepultado na Basílica de Nosa Señora do Rosario en Fátima.

Francisco e a irmá Jacinta Marto foron beatificados polo Papa Xoán Paulo II en 13 de maio de 2000. O seu día festivo é 20 de febreiro. A súa canonización realizada polo Papa Francisco ocorreu o día 13 de maio de 2017, por ocasión das celebracións do Centenario das Aparicións de Fátima.

Eventos históricos[editar | editar a fonte]

Os tres pastoriños de Fátima: Lucía, Francisco e Jacinta.

Preséntase a seguir unha cronoloxía dalgúns eventos históricos relacionados con Francisco Marto:

  • 11 de xuño de 1908 - Nace en Aljustrel, Fátima.
  • 1916 - Lucía, Francisco e Jacinta asisten a apariçións do Anxo de Portugal.
  • 1917 - De maio a outubro, os tres pastoriños afirman ver Nosa Señora na Cova da Iría.
  • 23 de decembro de 1918 - Jacinta e Francisco adoecen, vítimas de pneumónica.
  • 4 de abril de 1919 - Morre na casa da súa familia, en Aljustrel. É sepultado no cemiterio de Fátima.
  • 13 de marzo de 1952 - Os seus restos mortais son trasladados para a Basílica de Fátima. É sepultado xunto de súa irmá Jacinta.
  • 13 de maio de 1989 - O papa Xoán Paulo II publica o decreto que proclama a heroicidade das virtudes dos videntes Francisco e Jacinta Marto.
  • 13 de maio de 2000 - Beatificación en Fátima dos pastores Francisco e Jacinta Marto polo Papa Xoán Paulo II.
  • 11 de marzo de 2010 - Celebración do centenario do seu nacemento coa audiencia do Papa Bieito XVI.
  • 12 e 13 de maio de 2010 - O papa Bieito XVI visita o Santuario de Fátima no 10.º aniversario da beatificación dos pastoriños Jacinta e Francisco[4][5].
  • 23 de marzo de 2017 - O papa Francisco aproba o milagre necesario para a canonización dos beatos Francisco e Jacinta Marto[6].
  • 20 de abril de 2017 - O papa Francisco confirma a canonización dos beatos Francisco e Jacinta Marto para o día 13 de maio de 2017, por ocasión das celebracións do Centenario das Aparicións de Fátima.
  • 12 e 13 de maio de 2017 - O papa Francisco visita como peregrino o Santuario de Fátima, na conmemoración do centenario das Aparicións. O día 13 preside á celebración eucarística e canoniza o beato Francisco xuntamente coa súa irmá Jacinta. Os dous irmáns son os máis mozos santos non-mártires na historia da Igrexa católica[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía da Beata Jacinta de Jesus Marto. Web oficial do Vaticano.
  2. Borelli Machado, A. A. (1998): As aparições e a mensagem de Fátima nos manuscritos da Irmã Lúcia, 23.ª edición, Maio de 1998, Depósito Legal n.º 123 914, ISBN 972-95919-0-3 (página 35)
  3. "Papa confirma: pastorinhos vão ser canonizados a 13 de maio em Fátima", artigo en Observador, 20 de abril de 2017 (en portugués).
  4. Viagem Apostólica a Portugal no 10.º aniversário da beatificação de Jacinta e Francisco, pastorinhos de Fátima (11-14 de Maio de 2010). Web oficial do Vaticano.
  5. "Papa lembrou João Paulo II na Capelinha das Aparições", web da RTP, 12 de maio de 2010 (en portugués).
  6. agencia.ecclesia.pt, ed. (23 de março de 2017). "Fátima: Conferência Episcopal Portuguesa congratula-se com aprovação da canonização de Francisco e Jacinta". Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  7. Agência Ecclesia, ed. (11 de maio de 2017). "Fátima 2017: Canonização de Francisco e Jacinta exigiu «revolução» na Igreja". Consultado o 13 de maio de 2017.