Experiencia achegada á morte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Subida ó Empíreo, de Hieronymus Bosch.

As experiencias achegadas á morte son supostas percepcións do contorno narradas por persoas que estiveron a piques de morrer ou que pasaron por unha morte clínica e sobreviviron. Hai moitos testemuños, sobre todo dende o desenvolvemento das técnicas de resurrección cardíaca, e segundo algunhas estatísticas, poderían producirse aproximadamente nunha de cada cinco persoas que superan unha morte clínica.

Dous grupos de interpretacións[editar | editar a fonte]

Para algunhas persoas, a existencia destas experiencias implicaría que cada ser humano está formado por un corpo físico e un ente inmaterial, e unha consciencia ou "ánima" (tal como afirman moitas relixións). En troques, algúns científicos opinan que estes fenómenos poden explicarse como alucinacións do mesmo cerebro.

Por outra banda, e en contraposición ó que a ciencia cría até agora, investigacións recentes no eido médico indican que estas experiencias non poden explicarse como alucinacións. Estes estudos suxiren que, dalgún xeito distinto, a mente e consciencia poden seguir activas despois de que o cerebro deixase de funcionar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]