Saltar ao contido

Exército de Terra de Azerbaidján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Exército de Terra de Acerbaixán»)
Exército de Terra de Azerbaidján
Tipoexército de terra
Data de fundación1992
Organización matrizForzas Armadas de Azerbaidján
SedeBakú
PaísAzerbaidján
editar datos en Wikidata ]

O Exército de Terra de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan Silahlı Qüvvələri Quru Qoşunları) e a rama terrestre das Forzas Armadas de República de Azerbaidján.[1][2] Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, o exército serve, principalmente, como forza de autodefensa para protexer a integridade territorial do país e fornecer tanto asistencia humanitaria como seguranza no territorio estatal e no estranxeiro. Actualmente[cando?] o Exército de Terra de Azerbaidján conta con aproximadamente 57.000 efectivos, así como 15.000 reservistas.[Cómpre referencia] O exército está equipado con armas de fogo, artillaría, artillaría antiaérea, morteiros, carros, vehículos blindados de combate (Transportes blindados de persoal (APC) e Vehículos de combate de infantaría (IFV)) e outros equipos.[3] Este exército foi creado en 1918, pero a súa formación actual só foi creado en 1992. O exército foi creado por primeira vez en 1918, cando a República Democrática de Azerbaidján conseguiu a súa independencia do Imperio Ruso durante a Revolución e a seguinte guerra civil. O exército durou ata 1920, ano en que o país foi anexionado pola Unión Soviética. O exército foi restablecido cando Azerbaidján se tornou independente trala disolución da Unión Soviética.[4]

  1. Azərbaycan Quru Qoşunları yaradıld Arquivado 06 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en azerí)
  2. В Азербайджане созданы сухопутные войска (en ruso)
  3. IISS (2012). The Military Balance 2012. Londres: Routledge for the IISS. pp. 92–93.  (en inglés)
  4. How South Caucasus Was Armed Arquivado 24 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]