Saltar ao contido

Exército Vermello Xaponés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Exército Vermello Xaponés
 Nome orixinal
   日本赤軍 (ja)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Epónimo
Características
 Ideoloxía política
Implicados
 Presidente/a
 Considerado terrorista por
Datas
 Fundación / creación
1971 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2001 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de membros
   0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Códigos e identificadores
VIAF155219646 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0pv5m Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Exército Vermello Xaponés (日本赤軍 Nihon Sekigun?) foi un grupo armado fundado no Xapón en 1971[1] por Fusako Shigenobu.[2] O grupo, formado a partir de elementos da extrema esquerda xaponesa, contou aproximadamente con entre douscentos e trescentos integrantes, e o 10% chegou a operar fóra das fronteiras xaponesas.[1] A pesar do seu reducido tamaño, alcanzou especial notoriedade internacional durante os anos setenta,[2] cometendo distintas accións espectaculares, como o asalto ao aeroporto de Tel Aviv no que 26 persoas (incluídos dous integrantes deste grupo) acabaron mortos baixo o fogo de metralladoras e explosións de granadas de man.[2] Está sinalado como o primeiro grupo que cometeu accións para outros grupos de Occidente, como secuestros de embaixadas, chancelarías, barcos ou avións.[3] Despois da detención de Kōzō Okamoto, o líder deste grupo,[3] o Exército Vermello Xaponés diminuíu as súas actividades, até que cesaron por completo a finais da década de 1980,[2] despois de estourar un coche bomba[1] nunhas instalacións militares estadounidenses en Nápoles.[2]

Hai constancias e especulacións de que realizou ou realizaría atentados xunto a distintos grupos terroristas, por exemplo, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Setembro Negro, Brigadas Vermellas, Baader Meinhof, Al Fatah, Exército Corso, IRA, ETA, Iparretarrak e Hamás.[3]

Tiña como obxectivos políticos a revolución proletaria no Xapón, o derrocamento do Goberno do Xapón, acabar coa monarquía da familia imperial xaponesa e consolidar unha revolución mundial.

  1. 1 2 3 Diccionario de terrorismo, páxina 37
  2. 1 2 3 4 5 Condenada a 20 años la fundadora del Ejército Rojo Japonésa. El País, 23 de febreiro de 2006. Consultado o 15 de novembro de 2013.
  3. 1 2 3 Terroristas, páxinas 174 e 175.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]