Evaristo Freiría Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Tui, España |
Morte | 14 de setembro de 1936 (34/35 anos) Prado, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Evaristo Freiría Fernández, nado en Tui en 1901 e finado en Prado (Ponteareas) o 14 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empregado da Avícola do Porriño. Presidente da Casa do Pobo do Porriño. En maio de 1934 foi detido con Severiano Castillo Alonso, Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Saturnino Álvarez Sotelino e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedreamento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que deribou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.[1] Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.[2][3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O Xulgado militar de Tui citouno para que se presentara a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Severiano Castillo Alonso, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Manuel Romero González, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.[4] Foi declarado en rebeldía en causa militar. Foi detido no monte con Severiano Castillo a finais de agosto. Torturado, foi asasinado en Cordo, na parroquia de Prado do concello de Ponteareas o 14 de setembro de 1936.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Cabaleiro Diz, e foi pai de Segundo, Eugenia, Agustín, Mariano, Isidoro, María, Evaristo, Luís e Germán Freiría Cabaleiro.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 144–146. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Evaristo Freiría Fernández na páxina web Nomes e Voces.