Eva Inés Obergfell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1971 Brilon, Renania do Norte-Westfalia |
Cargos Vicedecana e Decana da Universidade Humboldt de Berlín Reitora da Universidade de Leipzig | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Doutora en Dereito |
Educación | Universidade de Bielefeld Universidade de Estrasburgo Universidade de Constanza |
Actividade | |
Ocupación | Xurista Profesora de universidade Catedrática de universidae |
Eva Inés Obergfell, nada o 24 de decembro de 1971[1] en Brilon, Renania do Norte-Westfalia,[2] é unha xurista alemá.
Desde o 1 de abril de 2022 é a reitora da Universidade de Leipzig.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eva Inés Obergfell iniciou os estudos de Dereito en 1991 na Universidade de Bielefeld, seguindo na de Estrasburgo (1993 a 1995) e na de Constanza. Nesta última aprobou o primeiro Exame de Estado de Dereito en 1997, cursou un segundo grao en Linguas románicas e fixo estudos de Medios de Comunicación de 1998 a 1999. Doutorouse no ano 2000.[3]
Entre 2000 e 2002 Obergfell completou a súa formación xurídica, entre outras institucións, na Autoridade de Medios de Comunicación de Berlín-Brandenburgo, na Embaixada de Alemaña en Santiago de Chile e nun despacho de avogados en Buenos Aires. En 2002 aprobou o seu segundo Exame de Estado e foi admitida no colexio de avogados de Berlín.[3]
Desde 2002 a 2003 traballou como avogada enfocada nos dereitos de autor e nos medios de comunicación mun bufete de avogados en Berlín e, de 2004 a 2011, como asistente de investigación en dereito comercial na Universidade Técnica de Múnic. Tamén asumiu cátedras na Universidade RWTH de Aquisgrán, nas Universidades de Mannheim e Bonn e na Universidade Humboldt de Berlín. Obergfell tamén ocupou cargos docentes nas universidades de Regensburg e Bayreuth.[3]
En 2011 Obergfell foi nomeada profesora da Universidade Humboldt de Berlín. Desde 2012 foi decana de Estudos e, desde 2015, vicedecana de Investigación da Facultade de Dereito. En 2013 foi nomeada codirectora executiva do Instituto Josef Kohler desta Universidade. Desde outubro de 2016 até setembro de 2021 foi Vicerreitora de Docencia e Estudos da Universidade.[3]
Obergfell foi profesora dun máster da Universidade Nacional de La Plata na Arxentina desde 2014, e realizou un seminario na Universidade de Barcelona en 2014.[4]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Filmverträge im deutschen materiellen und internationalen Privatrecht – zur Reformierbarkeit des materiellen Filmvertragsrechts und zur interessengerechten kollisionsrechtlichen Anknüpfung von Filmverträgen. Heymann, Köln u. a. 2001. ISBN 978-3-4522-4898-5.
- "Hindernis Pflichtteil? Zur Legitimation des Pflichtteilsrechts und den Grenzen der vorweggenommenen Erbfolge". En: Johannes Hager (ed.): Vorweggenommene Vermögensübertragung unter Ausschluss von Pflichtteilsansprüchen (= Schriften zum Notarrecht. Nr. 34). Nomos, 2013. ISBN 978-3-8487-0198-8, pp 9–33
- Verlagsrecht. Kommentar. C. H. Beck, München 2013. ISBN 978-3-4066-1999-1. (Con Constanze Ulmer-Eilfort).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mathias Wöbking: Uni Leipzig: Juristin Eva Inés Obergfell wird neue Rektorin en Leipziger Volkszeitumg. Consultado o 22 de xuño de 20220.
- ↑ 2,0 2,1 Mathias Wöbking: Beate Schücking geht, Eva Inés Obergfell kommt – neue Rektorin an Uni Leipzig. En: LVZ.de 30 de marzo de de 2022. Conusltado o 22 de xuño de 2922.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Lebenslauf. Prof. Dr. iur. Eva Inés Obergfell en Universidade Humboldt de Berlín. Consultado o 2 de xuño de 2022.
- ↑ Michael Lindner: Prof. Dr. Eva Inés Obergfell führt ab April 2022 die Alma mater Lipsiensis. En: uni-leipzig.de. Universität Leipzig, 23 de novembro de 2021. Consultada o 23 de xuño de 2022.