Eva Furnari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva Furnari
Eva Furnari (caricat by Koehne).jpg
Caricatura da autora: a "bruxiña" Eva Furnari
Nacemento15 de novembro de 1948
 Roma, Italia
NacionalidadeItalo-Brasileira
Alma máterUniversidade de São Paulo
OcupaciónEscritora e ilustradora
LinguaPortugués
XénerosLiteratura infantil e xuvenil
EstudosArquitectura
PremiosPrêmio Jabuti
http://www.evafurnari.com.br
editar datos en Wikidata ]

Eva Furnari, nada en Roma o 15 de novembro de 1948, é unha ilustradora e escritora italo-brasileira.[1]

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ana Maria Machado e Ruth Rocha, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil e xuvenil brasileira.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Roma, a súa familia mudouse para o Brasil en 1950, cando Eva tiña dous anos.

Creceu na súa nova patria, graduándose en Arquitectura na Universidade de São Paulo.

A partir de 1976 dedicouse inicialmente a traballar en libros con ilustracións, sen texto.

Furnari colaborou na sección infantil Folhinha do xornal Folha de S. Paulo, na que creou un dos seus personaxes máis coñecidos, a "Bruxiña".[1]

Como autora de literatura infantil e xuvenil e como ilustradora recibiu o Premio Jabuti e Literatura nos anos de 1986, 1991, 1993, 1995, 1998 e 2006, polas obras Truks, A Bruxa Zelda e os 80 Docinhos, Anjinho, Circo da Lua, Cacoete e Felpo Filva respectivamente.[3][4][5][6][7][8]

En 2002 foi seleccionada para ilustrar unha nova edición de seis libros da obra infantil de Érico Veríssimo.

O traballo de Furnari, consistente principalmente de pequenos libros, é un dos máis rendíbeis no ámbito da literatura contemporánea infantil e xuvenil brasileira.

Como a mesma autora revelou nunha entrevista, a ilustración precedeu á produción literaria, pero foi esta última a que realmente pasou a un primeiro plano co transcorrer dos anos.[9]

Premios[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

Como escritora e ilustradora[editar | editar a fonte]

Como ilustradora[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Webmaster. "Eva Furnari". jornadasliterarias.upf.br. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  2. "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  3. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 1991. Categorias desse prêmio" (en portugués). Consultado o 2 de outubro de 2018. [Ligazón morta]
  4. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 1996. Categorias desse prêmio" (en portugués). Consultado o 2 de outubro de 2018. [Ligazón morta]
  5. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 1998. Categorias desse prêmio" (en portugués). Consultado o 2 de outubro de 2018. [Ligazón morta]
  6. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 2004. Categorias desse prêmio" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  7. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 2006. Categorias desse prêmio" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  8. Prêmio Jabuti (ed.). "Prêmio 2007. Categorias desse prêmio" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  9. Entrevista Arquivado 21 de agosto de 2010 en Wayback Machine..
  10. "Câmara Brasileira do Livro anuncia Livros do Ano em cerimônia do 59º Prêmio Jabuti - CBL - Câmara Brasileira do Livro". CBL - Câmara Brasileira do Livro (en portugués). 30 de novembro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]