Ruth Rocha
Ruth Rocha | |
---|---|
Nome completo | Ruth Machado Lousada Rocha |
Nacemento | 2 de marzo de 1931 |
Lugar de nacemento | São Paulo |
Nacionalidade | Brasileira |
Alma máter | Universidade de São Paulo Pontifícia Universidade Católica de São Paulo |
Ocupación | Escritora e tradutora |
Pai | Álvaro de Faria Machado |
Nai | Esther de Sampaio Machado |
Lingua | Portugués |
Xéneros | Literatura infantil e xuvenil |
Estudos | Licenciada en socioloxía política |
Premios | Véxase o texto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ruth Machado Lousada Rocha, nada en São Paulo o 2 de marzo de 1931, é unha escritora e tradutora brasileira de libros infantis.[1]
Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ana Maria Machado e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en socioloxía política en 1953 na Universidade de São Paulo (USP). Posteriormente fixo un posgrao en orientación educativa na Pontifícia Universidade Católica de São Paulo (PUC/SP).[1]
Entre 1956 e 1972 traballou como orientadora educativa no Colégio Rio Branco. En 1968 inicia a súa colaboración na sección de educación da revista Claudia, do grupo Abril, e no ano seguinte comezou a actuar como colaboradora doutra revista do grupo, a Recreio. Nese momento comeza a súa produción de historias e libros para nenos. Asume, en 1973, a dirección editorial da Divisisón Infanto-Xuvenil da Editora Abril.[1]
En 1974 especializouse na actividade editora na Western Publishing Co., nos Estados Unidos. En 1976 deu á luz Palavras, Muitas Palavras, libro de poesía infantil, o primeiro dos máis de 130 títulos que publicou. Ne mesmo ano lanza o seu libro máis coñecido, Marcelo, Marmelo, Martelo. En 1989 asina a versión infantil da Declaración Universal dos Dereitos Humanos na Organización das Nacións Unidas (ONU), titulada Iguais e Livres. En 1991 foi convidada, tamén pola ONU, a asinar a declaración sobre ecoloxía para nenos, Azul e Lindo - Planeta Terra, Nossa Casa.[1]
É membro da Academia Paulista de Letras desde o 25 de outubro de 2007, ocupando a cadeira 38.[3]
A súa obra está traducida a máis de 25 idiomas,[1] entre elas o galego, co conto Borba, o gato, traducido por Carlos Pedreira López e editada polo Grupo SM.
Actualmente é membro do Consello da Fundación Padre Anchieta.[1]
Principais obras infantís[editar | editar a fonte]
- Marcelo, Marmelo, Martelo
- O Reizinho Mandão
- SapoViraReiViraSapo, ou a volta do Reizinho Mandão
- Catapimba
- Meus Lápis de Cor São Só Meus
- Meu Irmãozinho Me Atrapalha
- A Menina que Não Era Maluquinha
- O Menino que Quase Virou Cachorro
- Borba, o Gato
- Escolinha do Mar
- Faz Muito Tempo
- O Que os Olhos Não Vêem
- Procurando Firme
- Gabriela e a Titia
- Pra Vencer Certas Pessoas
- Historinhas Malcriadas
- A Arca de Noé
- As Coisas que a Gente Fala
- Bom Dia, Todas as Cores!
- Como se Fosse Dinheiro
- Davi Ataca Outra Vez
- Este Admirável Mundo Louco
- Faca Sem Ponta Galinha Sem Pé
- Romeu e Julieta
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
- En 1990 ganou o Premio Jabuti de Literatura Infantil.
- En 1998 foi condecorada polo presidente Fernando Henrique Cardoso coa Encomenda da Orde do Mérito Cultural.
- En 2001 recibiu o Premio ABL de Literatura Infantoxuvenil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ruth Machado Lousada Rocha Enciclopédia Itaú Cultural. Consultada o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Ruth Rocha é imortal da Academia Paulista". Estadão de Hoje (en portugués). 26 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía oficial (en portugués).